Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A porcentaxe de fogares galegos con Internet acada o 92,7%
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A porcentaxe de fogares galegos con Internet acada o 92,7%

Redacción
Publicado: 28/07/2023
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

informe_fogares_v2023r-1.jpgA porcentaxe de fogares galegos con Internet acadou en 2022 o 92,7%, que supón un crecemento dun 0,5% respecto ao ano anterior. En termos absolutos, 874.806 fogares galegos onde reside algunha persoa de 16 a 74 anos ten contratado Internet, o que representa un incremento de 47.554 fogares nos últimos catro anos.
A porcentaxe de fogares con velocidade de conexión a Internet contratada superior a 100 Mbps experimentou un forte incremento no último ano, e situouse no 45,4%, fronte ao 30% que rexistraba no ano 2021, o que supón un crecemento do 51,3%.
Os datos corresponden ao estudo Galicia. A nosa vida en dixital. A Sociedade da Información nos fogares galegos. Edición 2022 elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (Osimga), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia. Os datos proceden da Enquisa Estrutural aos Fogares que realiza o IGE, que cede os datos a OSIMGA en virtude do acordo de colaboración asinado.

Contidos
  • Equipamentos nos fogares
  • Conexión á Internet
  • Usos dixitais da cidadanía
  • Continúa o estreitamento das fendas dixitais da poboación
  • Compras pola Internet
  • Administración electrónica
  • Ciberseguridade

Equipamentos nos fogares

O ordenador segue a ser o equipamento por excelencia nos fogares galegos. No 2022, 733.665 fogares dispoñen de ordenador de sobremesa, portátil ou tableta, o 77,8% dos fogares con persoas de 16 a 74 anos. Máis especificamente, o ordenador portátil está presente no 60,1% dos fogares.
A presenza dos televisores intelixentes (Smart TV) nos fogares galegos creceu un 12,6% no último ano. O 49,2% dispoñen deste dispositivo, que, dende 2019, incrementou a súa presenza nun 62,9%.
Continúa o crecemento dos dispositivos electrónicos intelixente para o control da enerxía, da seguridade, domótica, electrodomésticos intelixentes ou altofalantes intelixentes. É dicir, o Internet das Cousas xa é unha realidade cotiá nos fogares galegos. Por exemplo, en 2022, o 12,9% dos fogares galegos dispoñen de altofalante intelixente con asistente dixital, o que supón un crecemento do 33% respecto ao ano anterior.

Conexión á Internet

A contratación de Internet nos fogares galegos foi incrementándose ata chegar ao 92,7% no ano 2022. Así, 874.806 fogares galegos onde reside algunha persoa de 16 a 74 anos ten contratado Internet, un incremento de 47.554 fogares nos últimos catro anos.
O 75,9% dos fogares galegos con conexión a Internet dispoñen xa dunha velocidade de Internet superior aos 30 Mbps, cun crecemento do 8,9% no último ano.
Os fogares con velocidade de conexión a Internet superior a 100 Mbps experimentou un forte incremento, situándose no 45,4%, cun crecemento do 51,3% no período 2021-2022.

Usos dixitais da cidadanía

O 96,5% da poboación galega usan o teléfono móbil ben sexa persoal, proporcionado pola empresa na que traballa, ou ambas situacións. Obsérvase un uso universal nas persoas de 16 a 44 anos mentres que, entre as persoas maiores de 64 anos, o uso sitúase no 87,3%.
A porcentaxe de internautas, mantense nos niveis acadados no ano anterior (89,3%). En termos absolutos, 1.763.218 persoas de 16 a 74 anos utilizaron Internet nos últimos tres meses, o que supón un incremento de 68.052 internautas nos últimos catro anos.
As actividades máis comúns dos internautas galegos no 2022 son usar mensaxería instantánea (97,3%), buscar información sobre bens e servizos (87,5%), ler noticias, xornais ou revistas de actualidade en liña (85,7%), recibir ou enviar correos electrónicos (82,7%), usar banca electrónica (77,2%) ou telefonar por Internet / videoconferencias (72%).

Continúa o estreitamento das fendas dixitais da poboación

A idade continúa a ser unha variable relacionada co nivel de dixitalización. A menor idade, maior uso da rede, acadando niveis de uso do 99,7% entre os/as galegos/as máis novos/as.
A pesares disto, a fenda dixital redúcese ano a ano e cabe salientar un significativo incremento no nivel de dixitalización no tramo de idade de 65 a 74 anos: o 59,9% xa son usuarios de Internet, o que representa un incremento do 2% no último ano.

Compras pola Internet

No 2022, as compras pola Internet dos galegos e galegas acadan o 60,7%, e son as persoas de 25 a 34 anos as que máis mercan pola rede: o 91,6% fíxoo nos últimos 3 meses.
As principais compras que se realizaron 2022 foron roupa (incluída roupa deportiva), zapatos ou accesorios (68,5%), entradas para espectáculos ou eventos (33,3%), mobles ou accesorios para o fogar e produtos de xardinería (24,9%) e reservas de aloxamentos (23,9%)

Administración electrónica

O 93,3% da poboación galega de 16 a 74 anos realizaron xestión coas administracións ou organismos públicos por motivos persoais no ano 2022, destes o 83,8% empregou internet para realizar esas xestións. Entre estes destacan as xestións sanitarias, cun 86,1%, xunto coa tramitación da declaración da renda (41,6%).

Ciberseguridade

O 53,3% das persoas de Galicia que usaron Internet nos últimos 12 meses padeceron algún incidente de seguridade na rede. O incidente máis frecuente é a recepción de spam (92,8%) seguido a moita distancia (26,2%) das estafas ou intentos de estafa.
O 36,8% dos galegos e galegas que navegaron por Internet nos últimos 12 meses non aplicaron ningunha acción para protexer o acceso á súa información persoal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?