Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta tira proveito da IA para actualizar o rexistro de viñedos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta tira proveito da IA para actualizar o rexistro de viñedos

Redacción
Publicado: 08/08/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

200921_pte_mrural_rectoralamandi_recursos_dcs_06.jpgAs tecnoloxías de intelixencia artificial, que permiten adestrar un sistema para que sexa capaz de discernir entre terras que están ocupadas por viñedos das que non o están, poderán ser utilizadas pola Xunta de Galicia para actualizar a información sobre as parcelas vitícolas.
O sistema, desenvolvido pola AMTEGA, xa foi probado cun índice de acerto superior ao 95%, polo que se avalía a súa implantación para o seu uso por parte dos técnicos da Consellería de Medio Rural como parte dos traballos que está a desenvolver a Consellería para actualizar o Rexistro Vitícola de Galicia, posibilitando así actualizar a situación real do cultivo da viña en Galicia.
No traballo, que se está a desenvolver coordinado pola Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias, determinarase a correspondencia de cada parcela vitícola co Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas (SIXPAC), así como aquelas que non están ocupadas por viñedos.
Ata agora son os técnicos os que teñen que comprobar e, no seu caso, descartar as parcelas sen viñedos. Sen embargo, os datos contidos na ortofoto do Plan Nacional de Ortofotografía Aérea (PNOA) permiten distinguir as parcelas vitícolas que teñen viñedo e as que non. A automatización da análise destas imaxes con técnicas de aprendizaxe automática e intelixencia artificial representa unha oportunidade para a simplificación deste proceso.
As tecnoloxías empregadas polo sistema desenvolvido pola Xunta son, entre outras, a clasificación de imaxes con redes neuronais profundas e os algoritmos para a simplificación, control e aprendizaxe automática e produción de modelos. Dende a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, e coa colaboración dos técnicos da Consellería do Medio Rural, continúase a traballar para perfeccionar este innovador sistema de identificación do viñedo en Galicia, con especial énfase na aprendizaxe respecto doutros cultivos nos que adoita producirse falsos positivos pola tipoloxía dos mesmos (por exemplo os kiwis presentan nas ortofotos un patrón similar, se ben o sistema desenvolvido resolve axeitadamente esta cuestión).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?