Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: 300.000 euros para impulsar a preprodución audiovisual galega
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

300.000 euros para impulsar a preprodución audiovisual galega

Redacción
Publicado: 09/08/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

claqueta.jpgO Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a convocatoria das subvencións da Xunta para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais galegos, dotadas con 300.000 euros. A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades xestiona esta liña anual de apoio co obxectivo de impulsar os diferentes traballos que teñen lugar na fase de preprodución de películas cinematográficas e series, tanto de ficción en imaxe real como documentais e de animación, cara á súa rodaxe nos vindeiros anos.
Estas axudas en réxime de concorrencia competitiva destínanse especificamente aos labores previos relacionados co guión, a procura de financiamento, a xestión de dereitos de autoría ou propiedade intelectual, venda e distribución. As bases contemplan tamén o seu uso nas áreas de investigación, elaboración de materiais de promoción, gastos de asesoría, alugueiros e outras tarefas previas á filmación. O prazo de presentación de solicitude dá comezo mañá e permanecerá aberto ata o vindeiro 11 de setembro.
A través desta convocatoria anual, a Xunta está a colaborar economicamente coas empresas galegas do sector xa desde a fase inicial de preparación dos seus novos proxectos, que nos anos seguintes poderán optar ás subvencións autonómicas para a produción e coprodución audiovisual, ademais de ás convocatorias para a difusión en foros de negocio e festivais.

Acompañamento integral

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades acompaña así de xeito integral o percorrido do noso talento audiovisual, dende a posta en marcha dunha idea ata a súa chegada ás pantallas, ao tempo que cumpre cos diferentes eixos estratéxicos do Plan Xeración Cultura 2023 da Xunta como folla de ruta para dinamizar o sector cultural cun investimento de 34 millóns de euros.
A convocatoria publicada hoxe establece diferentes categorías que atenden á natureza dos posibles proxectos, diferenciando entre os apartados para as longametraxes cinematográficas de ficción, animación ou documentais de carácter creativo cunha duración mínima de 60 minutos; para series de ficción cunha duración total mínima de 150 minutos, e para series de animación e documentais con cando menos 100 minutos de duración.
Cada empresa solicitante pode resultar beneficiaria con ata 30.000 euros no caso de longametraxes de animación e de series de ficción ou de animación; ata 25.000 euros para as longas de ficción, ata 20.000 euros para as series documentais e ata 15.000 euros nas longametraxes documentais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?