Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os obradoiros de verán Girl STEAM contaron con máis de 260 participantes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os obradoiros de verán Girl STEAM contaron con máis de 260 participantes

Redacción
Publicado: 11/09/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

girl_steam_obradoiros.jpgO Centro GaiásTech da Cidade da Cultura acolleu os pasados xoves e venres as xornadas finais do ciclo de Obradoiros de verán Girl STEAM no que participación preto de 30 rapaces e rapazas. A esta cifra súmanse os máis de 260 rapaces e rapazas de entre 8 e 15 anos que participaron entre os meses de xullo, agosto e setembro nos obradoiros de carácter práctico e presencial nas aulas CeMIT de 14 concellos de toda Galicia.
O programa, enmarcado no convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG), comezou en xullo na aula CeMIT de San Sadurniño e continuou nas aulas de Betanzos, Ribeira, Ortigueira, A Estrada, Celanova, Cuntis, Guitiriz, Valga, Barreiros, Ribadeo, Vigo, Santa Comba e Oroso.

Contidos
  • Actividades
  • Impulsar as vocacións femininas nos eidos STEAM

Actividades

Os contidos dos obradoiros deseñáronse atendendo a dúas franxas de idade. Nos obradoiros de experimentación tecnolóxica, o alumnado de 8 a 11 anos elaborou pezas audiovisuais en formato stop motion a partir dun circuíto de LED creado por eles mesmos. Por outra banda, as actividades destinadas aos rapaces e rapazas de 12 a 15 anos, centráronse na creación de tecidos intelixentes, mediante a programación de sensores con Arduino para construír un proxecto sobre unha prenda téxtil que reaccionaba a cambios de distancia, luz, inclinación etc.

Impulsar as vocacións femininas nos eidos STEAM

Con estes obradoiros búscase impulsar actividades de mentorado desde idades temperás dirixidas ás rapazas para espertar o seu interese nos estudos STEAM (siglas en inglés de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Artes e Matemáticas) e apostar por profesións do ámbito tecnolóxico.
No desenvolvemento dos obradoiros trasladáronse mensaxes relativos á igualdade, ao sentido crítico ante a tecnoloxía e ao uso creativo da mesma, á colaboración, ao traballo en equipo e á importancia das artes como ferramenta de desenvolvemento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?