Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ábrese a consulta pública a futura lei de IA de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ábrese a consulta pública a futura lei de IA de Galicia

Redacción
Publicado: 15/09/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20230915_xunta_ia_01.jpgA Xunta abre hoxe a consulta pública previa da futura Lei de planificación, organización e impulso da intelixencia artificial (IA) en Galicia para recoller as suxestións e achegas que a cidadanía e entidades públicas e privadas poderán realizar ata o vindeiro 15 de outubro a través do Portal de Transparencia da Administración autonómica. A futura lei buscar crear unha regulación única, sistemática e coherente, que permita un uso eficaz, eficiente, ético e seguro da intelixencia artificial na Administración Xeral e do sector público autonómico (SPAG), aliñada co marco europeo, que establecerá a Lei de Intelixencia Artificial.
A futura lei busca recoñecer á cidadanía, con carácter vinculante, unha serie de dereitos, en relación cos sistemas de IA empregados polo Administración pública autonómica galega; fomentar a colaboración público-privada e potenciar as oportunidades existentes a nivel autonómico, estatal e internacional no eido a IA, especialmente coa futura Axencia Estatal de Supervisión de Intelixencia Artificial (AESIA), así como aumentar a capacidade para atraer e reter talento e persoal cualificado a Galicia.

Contidos
  • Nodo galicIA
  • Unha IA humanista

Nodo galicIA

O texto do anteproxecto de lei foi presentado esta semana á Comisión de Seguimento do nodo galicIA, que se encarga de velar polo cumprimento da Estratexia Galega de Intelixencia Artificial (EGIA), e foi o encargado de preparar a candidatura de Galicia para acoller a sede da AESIA.

Unha IA humanista

20230915_xunta_ia_02.jpgO director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, participou, está mañá, na mesa redonda Desafíos e oportunidades na transformación dixital de Galicia, que formou parte dos actos de celebración do 50º Aniversario da implantación da tecnolóxica Seresco en Galicia, onde salientou que o traballo desenvolvido pola Xunta no marco da Estratexia Galicia Dixital 2030 (EGD2030) está no camiño de acadar o obxectivo de especializar á nosa comunidade no desenvolvemento dunha intelixencia artificial confiable e humanista na vangarda europea.
No debate, tamén participaron a vicepresidenta do Circulo de Empresarios de Galicia, María Borrás; o director xeral de Gradiant, Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, Luis Pérez Freire; e o catedrático da Universidade de Vigo e director de atlanTTic, Martín Llamas. A mesa foi moderada pola xornalista Gladys Vázquez.
O director da AMTEGA tamén destacou o obxectivo transversal da EGD2030 de avanzar cara á especialización tecnolóxica de Galicia a través da creación, atracción e retención de talento dixital e o traballo conxunto co sistema universitario, os centros de investigación e o sector TIC. Cerviño enmarcou neste obxectivo a próxima instalación na Coruña da Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?