Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A EGAP acolle un curso sobre protección de datos dirixido a empregados públicos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A EGAP acolle un curso sobre protección de datos dirixido a empregados públicos

Redacción
Publicado: 20/09/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

egap_proteccion_datos_f6eacgxw4aappwy.jpgUn total de 70 persoas empregadas públicas participan dende hoxe na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) no Curso superior en Protección de Datos, organizado pola AMTEGA e o Nodo CIBER.gal. O curso conta coa colaboración da Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) e foi inaugurado esta mañá pola directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos; o director da AMTEGA, Julián Cerviño; e o director da acción formativa, Gustavo Herva. Os organizadores destacaron o alto interese amosado polo persoal empregado público, que fixo necesario habilitar unha listaxe de persoas en reserva.
O curso proporcionará e actualizará coñecementos dende un punto de vista técnico xurídico, así como dende unha perspectiva práctica. Entre os obxectivos atópanse o de concienciar ao alumnado sobre a importancia do dereito fundamental á protección de datos persoais, para o que é necesaria a aplicación de boas práctica de acordo coa normativa vixente.
Tamén abordará os principios básicos de seguridade e as medidas que é necesario implantar nos sistemas de información dende a perspectiva do risco. Así mesmo, proporcionará aos asistentes unha visión global da protección de datos persoais, así como sobre as funcións e responsabilidades das persoas que interveñen no seu procesamento.
Entre as materias que se impartirán, destacan a responsabilidade da Administración pública no tratamento dos datos; a normativa e o réxime sancionador; a protección de datos en saúde; a intelixencia artificial ou a videovixilancia.
Julián Cerviño destacou na súa intervención os obxectivos da Xunta de avanzar nunha Administración dixital máis eficiente, personalizada e accesible, o que implica o uso de tecnoloxías que empregan datos persoais, como a xestión intelixente do datos, a intelixencia artificial ou a automatización robótica de procesos. Referiuse ás actuacións concretas previstas no III Plan de Administración e Goberno Dixital que está en marcha, como a Plataforma de Automatización Intelixente da Xunta de Galicia; o aumento da interoperabilidade a través da plataforma Pasaxe!; o novo modelo de identidade dixital ou a aplicación A Xunta no Móbil (XuntaEU).
Pola súa banda, a directora da EGAP resaltou que, ante o desenvolvemento da Administración dixital, é preciso dotar ao persoal empregado público das ferramentas necesarias para salvagardar os datos persoais que se almacenan e se transmiten en liña, algo esencial para defender os dereitos da cidadanía e preservar a confianza nas institucións. Para conseguir estes obxectivos, incidiu, a Escola oferta unha programación anual en materia de seguridade da información completa e actualizada.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?