Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Bota a andar un proxecto que Galicia, Madrid e País Vasco desenvolven no marco do programa Retech
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Bota a andar un proxecto que Galicia, Madrid e País Vasco desenvolven no marco do programa Retech

Redacción
Publicado: 20/09/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20230920gainretech.jpgA directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou na reunión de lanzamento do proxecto conxunto que Galicia, Madrid e País Vasco desenvolven no marco do programa de Redes Territoriais de Especialización Intelixente (Retech) que ten por obxecto a optimización das cadeas de valor en sectores estratéxicos para a economía co obxectivo de mellorar a produtividade e a calidade de vida a través da aplicación da intelixencia artificial. O encontro de traballo tivo lugar no Parque Tecnolóxico de Zamudio.
O proxecto, coordinado polo País Vasco, ten un orzamento de 55,66 millóns de euros, achegando o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital 41,75 millóns de euros do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e sendo 13,91 millóns de euros a achega autonómica (de fondos públicos ou privados) e estenderase ata o primeiro trimestre de 2026.
bravos_retech.jpgA participación de Galicia, que se enmarca dentro da Civil UAVs Initiative, ascende a 18,55 millóns de euros: 13,92 millóns de euros de fondos europeos e 4,64 millóns de euros de cofinanciamento autonómico.
Co obxectivo de fomentar o desenvolvemento do mercado dos vehículos e sistemas non tripulados e da intelixencia artificial, así como impulsar o ecosistema aeroespacial galego, a Xunta desenvolverá no marco do Retech un programa de apoio á Compra Privada de Innovación, do que realizará unha convocatoria nas próximas semanas.
Con este novo programa de apoio, a Xunta pretende fomentar o desenvolvemento de novas solucións por parte de pemes e centros de coñecemento galegos, capaces de dar resposta a retos identificados por empresas tractoras que desexen mellorar a súa competitividade a través da incorporación aos seus procesos de tecnoloxías de sistemas non tripulados e intelixencia artificial e que estean dispostas a investir no proxecto.

A iniciativa Retech en Galicia

Ademais deste proxecto, outras dúas iniciativas promovidas pola Xunta de Galicia (unha relacionada coa intelixencia artificial e outra coa ciberseguridade) forman parte dos once proxectos de transformación dixital seleccionados polo Goberno do Estado na primeira fase do Retech.
Trátase dunha reprodución virtual de Galicia en forma de xemelgo dixital, que permitirá planificar e xestionar o territorio de forma intelixente; e dunha proposta para un espazo de datos de ciberseguridade do Centro de Competencias en ciencias da saúde, smart transportation, industria conectada e excelencia operativa.
Retech está impulsada polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Este programa de actuación conxunta promove a articulación de proxectos rexionais orientados á transformación e especialización dixital, e está aliñado con dous dos principais obxectivos da Axenda España Dixital: liderar o cambio disruptivo de maneira inclusiva e sostible, e focalizar os esforzos de dixitalización en sectores económicos clave.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?