Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un concurso e un programa escolar axudarán a concienciar ao alumnado sobre ciberseguridade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un concurso e un programa escolar axudarán a concienciar ao alumnado sobre ciberseguridade

Redacción
Publicado: 21/09/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ciberseguridade_no_cole_d9e1394b-30e5-4028-bcd5-db8efd94.jpgA terceira edición do Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, que se celebrará en Santiago os días 2 e 3 de novembro, volverá a acoller entre as súas actividades máis destacadas o concurso escolar Ciberseguridade no cole! dirixido a centros educativos de Galicia de Primaria e da ESO.
No certame, que conta co patrocinio de Telefónica baixo o paraugas do III Encontro CIBER.gal e da súa colaboración como entidade adherida ao Nodo de Ciberseguridade de Galicia, poderá participar o alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º da ESO. Realizarán unha rolda clasificatoria en liña o día 18 de outubro, na que haberá que responder a unha seria de preguntas sobre ciberseguridade. Durante esta fase seleccionaranse tres equipos de cada unha das categorías (Primaria e ESO), que participarán nunha final presencial o día 3 de novembro no marco das actividades do Encontro e na que colaborará a presentadora do programa DígochoEU da TVG, Esther Estévez.
Os centros que queiran participar poderán inscribirse vía web ata o vindeiro 9 de outubro antes das 14:00. Os organizadores agardan superar os resultados da edición anterior, na que participaron case 4.000 escolares entre 10 e 14 anos, e mais de 150 centros educativos de toda Galicia.
A terceira edición do Encontro Galego de Ciberseguridade, promovida e organizada polo Nodo CIBER.gal, espazo de colaboración público-privado fundado pola Xunta de Galicia a través da AMTEGA, entre outros, reunirá no Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela aos principais expertos de España en seguridade informática.

Iniciación segura á pegada dixital

O programa de Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais ten entre os seus obxectivos o de reforzar a competencia básica do alumnado en seguridade na xestión dos seus perfís nas redes sociais. Busca tamén explicar a identidade dixital e a importancia da pegada dixital, afondar na configuración das opcións de seguridade e privacidade das redes sociais máis actuais entre nenos e nenas. Ofrece, así mesmo, ferramentas e recursos aos que poder acudir as dúbidas sobre o uso seguro da tecnoloxía.
Vai dirixido a alumnado de 2º, 3º e 4º de educación secundaria de centros públicos e concertados. Consiste na realización dun único obradoiro por centro de carácter eminentemente práctico que abordará a xestión segura das redes sociais que máis están a utilizar os escolares. A impartición da dinámica, de hora e media de duración e para un máximo de 30 persoas (da mesma ou de diferentes aulas), correrá a cargo de especialistas da AMTEGA.
En total, executaranse 250 obradoiros que terán lugar desde outubro de 2023 a xuño de 2024 e que se realizarán presencialmente.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?