Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: EdugalIA converte a Galicia na primeira comunidade en incorporar a intelixencia artificial na xestión educativa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

EdugalIA converte a Galicia na primeira comunidade en incorporar a intelixencia artificial na xestión educativa

Redacción
Publicado: 22/09/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

roman_rodriguez_edugalia_f6o_5azxqaaxtxf.jpgO conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, destacou hoxe que o novo proxecto EdugalIA converte a Galicia na primeira comunidade en incorporar a intelixencia artificial na xestión educativa na clausura da xornada divulgativa desta iniciativa pioneira, dirixida a empresas tecnolóxicas, e coa que se busca convidar ao sector a contribuír a poñelo en marcha.
Rodríguez sinalou a oportunidade que a intelixencia artificial supón para a mellora dos servizos públicos “e que a través deste proxecto aplicaremos á Administración educativa dixital para reforzar o éxito escolar”. “O noso obxectivo é empregar a IA como un novo impulso ao noso sistema educativo, que permita non só recoller información, senón poñela en valor, de tal forma que poida traducir ese contido en accións útiles para o ensino e a aprendizaxe en toda a educación galega”.

Contidos
  • Tres eixes de actuación
  • Compra pública de Innovación
  • Un paso máis na transformación dixital

Tres eixes de actuación

Neste sentido, explicou que o proxecto EdugalIA se centrará en tres ámbitos prioritarios: a gobernanza, a creación do expediente dixital do alumnado e a creación dun espazo común entre familias, centros e Administración. No primeiro deles, crearase un novo modelo de Administración educativa dixital que sistematice a información procedente de múltiples fontes e formatos e permita analizar máis axilmente cuestións como o abandono temperá e crear itinerarios especializados.
O segundo ámbito ten como finalidade poñer a disposición do alumnado e das súas familias para consulta un expediente dixital que acompañe ao alumno ao longo do seu tránsito polo sistema educativo. Este documento incluirá datos de identificación, de escolarización, académicos ou sobre atención a necesidades específicas de apoio, entre outros.
Finalmente, a través de EdugalIA habilitarase un punto único de contacto e acceso para alumnado e familias á información do seu interese sobre o sistema educativo. O obxectivo é que este sistema permita a participación e a comunicación útil entre todas as partes para a asistencia, a orientación e a toma de decisións.

Compra pública de Innovación

A xornada de hoxe enmárcase na consulta previa ao mercado mediante o proceso de Compra Pública de Innovación lanzada pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades co fin de que as empresas tecnolóxicas amosen os recursos dos que dispoñen para facer realidade este proxecto. Trátase do sistema de contratación pública que permite ás administracións a compra deste tipo de ferramentas que aínda non están comercializadas co fin concreto para o que se pretenden empregar.
Prevese que EdugalIA teña unha fase inicial de desenvolvemento e proba no período 2024-2027, seguida dun proceso de avaliación de resultados e posible despregamento progresivo de solucións a partir do ano 2028.

Un paso máis na transformación dixital

“Con EdugalIA damos un paso máis na transformación dixital definitiva que estamos levando a cabo no noso sistema educativo, non só coa dotación de equipamentos axeitados nas aulas, senón tamén coas metodoloxías, respondendo ás propias demandas do tecido empresarial e dos requirimentos profesionais do presente e do futuro”, salientou o conselleiro. Estes esforzos enmárcase na chamada Estratexia Educación Dixital 2030, cun investimento de 130 millóns de euros, arredor da que o Goberno galego traballa na maior dixitalización e emprego de novas tecnoloxías no campo educativo. “O ensino non pode vivir de costa á realidade social, senón prepararse para ser parte de ela, como o facemos a través desta estratexia, considerando o desenvolvemento non como un fin en si mesmo, senón como un medio para apoiar o proceso de aprendizaxe”, puntualizou.
Neste sentido Román Rodríguez puxo en valor os fitos acadados na última década, de tal forma que Galicia é hoxe a comunidade autónoma cos centros mellor equipados dixitalmente de España líderes en alumnos por ordenador. “Ademais, por terceiro curso consecutivo, contamos cunha Rede Galega de Educación Dixital con 80 docentes como mentores para axudar coas novas tecnoloxías e contamos co novo Centro de Innovación Educativa e Dixital para enfrontar os retos de futuro no eido da investigación e cualificación profesional”, explicou. Así mesmo, destacou o investimento de 84 millóns de euros nas Aulas Móbiles de Informática, os Polos Creativos e a dotación de paneis interactivos nos centros escolares de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?