Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: HortiHouse trunfa no HackForGood Big Day 2023
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

HortiHouse trunfa no HackForGood Big Day 2023

Redacción
Publicado: 25/09/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

hackforgood_2023_ganhador.jpgO gañador dos Premios HackForGood Big Day 2023 foi o proxecto HortiHouse, ideado polos alumnos da Universidade de Vigo María Cabrero e Jesús Valverde, que permite xestionar invernadoiros intelixentes na contorna do fogar. Trátase dunha aplicación que controla todos os parámetros e dispón de programas específicos para desenvolver correctamente os cultivos nas súas diferentes fases de maduración. Grazas ao gañar o primeiro premio no VIII Hackathon de HackForGood, Hortihouse tivo a oportunidade de competir na edición nacional, onde participaron os proxectos gañadores de 26 universidades españolas.
O segundo premio foi para Depresu, da Universidade de Castela-A Mancha, plataforma dixital accesible para mellorar a saúde mental das persoas, mentres o terceiro correspondeu a E-Lab, da Universidade de Salamanca, proxecto que brinda experiencias que esperten a curiosidade e consoliden o coñecemento, convertendo o proceso de aprendizaxe nunha experiencia inmersiva, interactiva e inspiradora.
Os equipos defenderon os seus proxectos, segundo establecían as bases, nun elevator pitch, unha presentación en público e a proxección dun vídeo resumen das súas iniciativas, que se celebrou o pasado venres. Para a valoración final, a presentación supuxo un 60% e o Business Plan, que debía enviarse previamente, o 40%.
A dotación dos tres premios é de 5.500, 2.000 e 1.000 euros, respectivamente. Ademais, os tres equipos gañadores terán unha participación e visibilidade especial nos actos da Rede de Cátedras Telefónica dentro do Centenario de Telefónica, que se celebrará en 2024.
Con estes premios culmina a oitava edición do hackathon HackForGood, organizado pola Rede de Cátedras Telefónica e que este ano congregou a máis de 1.000 mozos (alumnos de universidades da Rede de Cátedras e de Campus 42) que se enfrontaron a un centenar de retos tecnolóxicos con fins sociais.
Na entrega de premios participaron Nicolás Oriol, secretario xeral e director de Regulación de Telefónica España; Antonio Bengoa, director de Relacións Institucionais de Telefónica España; e Inés Temes, directora de 42 España.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?