Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha solución tecnolóxica facilitará a monitorización do estado de saúde nas residencias galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha solución tecnolóxica facilitará a monitorización do estado de saúde nas residencias galegas

Redacción
Publicado: 27/09/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

mobil_na_man.jpgO proceso de toma de biomedidas das persoas que viven nas residencias de maiores e de atención a persoas con discapacidade que dependen da Xunta será sensiblemente máis doado e eficaz para os profesionais mediante unha solución tecnolóxica que este ano está a ser implantada en 22 centros de Galicia.
O sistema é o resultado da colaboración entre a Consellería de Política Social e a AMTEGA, que contan para a súa implantación, soporte e mantemento coa compañía galega Coremain. Esta solución avanzada forma parte da aposta da Xunta por un novo modelo residencial que incorpora as vantaxes da tecnoloxía para a prestación dun servizo máis eficiente e personalizado.
As residencias contarán con estacións portátiles, ou carros de enfermaría e monitorización de pacientes coas que os profesionais poden recoller a tempo real as constantes vitais e incorporalas de forma automática no sistema de xestión das residencias.
Nesta primeira fase de implantación, as estacións de traballo dispoñen de dispositivos multiparamétricos homologados e con conectividade Wi-Fi como tensiómetro, pulsioxímetro, báscula e glicómetro, entre outros. Unha das características principais do sistema e a escalabilidade, coa posibilidade de incorporar novos dispositivos, como dermatoscopio ou cámara de fondo de ollo. Destaca tamén pola súa autonomía e facilidade de uso por parte dos profesionais, que dispoñen dun monitor que permite visualizar as biomedidas tomadas por cada dispositivo.
Os equipos incorporan unha cámara que pode ser habilitada para facer fotografías ou ler códigos QR e de barras para identificar as persoas residentes. Están preparados tamén para poder realizar no futuro teleconsultas.
O proceso de implantación deste sistema comezou o pasado mes de xullo na residencia de maiores da Pobra do Caramiñal e, ata finais de ano, será instalado no centros de atención a persoas con discapacidade da Coruña, de Chapela-Redondela e Sarria; nos complexos residenciais de atención a persoas dependentes Vigo I e Vigo II; e nas residencias de maiores da Milagrosa (Vigo), As Gándaras (Lugo), Carballo, A Estrada, Burela, Campolongo, Caranza-Ferrol, Castro Caldelas, Marín, Oleiros, Santiago de Compostela, Monforte, Nosa Señora dos Miragres (Ourense), Torrente Ballester (A Coruña), Volta do Castro (Santiago) e Carballiño.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?