Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Comeza o I Congreso Internacional de Blockchain de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Comeza o I Congreso Internacional de Blockchain de Galicia

Redacción
Publicado: 29/09/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

icongresointernacionaldeblockchaindegalicia_dscf2437.jpgHoxe botou a andar BlockGalicia, o I Congreso Internacional de Blockchain de Galicia con gran éxito de participación e asistencia, participando no acto de inauguración o decano do COETTGA, José Manuel Martínez, quen destacou que as telecomunicacións e a tecnoloxía blockchain garanten que os procesos sexan inalterables, inmutables e públicos”.
No acto o presidente de Agalbit, Fréderic Fernández, agradeceu o esforzo que tanto os organizadores como os relatores puxeron no evento para facer chegar a máis persoas o mundo blockchain. Ademais da importancia destes encontros presenciais nos que os asistentes poden poñerse en contacto e aproveitar para facer networking conectando con outros interesados no sector.
Na inauguración tamén participaron a directora xerente de Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, María Pilar Chapela e o concelleiro de Economía e Facenda de Santiago de Compostela, Manuel César Vila.

O Congreso

icongresointernacionaldeblockchaindegalicia_dscf2555.jpgOs participantes en BlockGalicia están a coñecer as últimas novidades da man dos directores xerais das empresas máis importantes de blockchain en España e Latinoamérica xa que este encontro contan coa participación de máis de 30 profesionais entre os que se atopan os directores xerais de empresas tan recoñecidas dentro do sector como DEXTools, BitBase, Maniac Panda Games, Material Bitcoin, Fundación Luckia, Litlab Games, EthicHub, entre outras.
BlockGalicia conta con relatores e empresas punteiras que mostran todo o que esta tecnoloxía pode facer por mellorar as nosas vidas e o gran abanico de oportunidades laborais que abre. O sector do gaming, os NFT, o metaverso, a banca e mesmo a seguridade e ciberseguridade, da man dunha ligazón en Europol de cibercrimen teñen cabida neste encontro que está a desenvolverse no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia.
Por primeira vez reúnense en Galicia referentes do sector da tecnoloxía blockchain como Koh Onozawa, Julián Beltrán, Carlota Corzo, Dani Cerqueiro, Pablo López, Alex Fernández, Adriá Llorens, Eneko Astorkiza, Mihail Mitev, Javier Palomino, Pablo Ojanguren, Joan de Ramón, David Noya, Miguel Ángel Romero, Katricyan, Jesús Lorente, Gabi Urrutia, Carlos Celorrio, Danyl Shatko, Uxío Fraga, Xavier Baldó, José Antonio Suárez, Carlos Lorenzo, José Iglesias, Fonso Rodríguez, Miguel Caballero, Marcos Carrera, Roberto Bértolo, entre outros.
icongresointernacionaldeblockchaindegalicia_dscf2185.jpg “É probable que non volvamos ter unha oportunidade similar en Galicia. Volver congregar a este cadro de persoal de expertos e empresas, que nos brindan a oportunidade de adquirir uns coñecementos máis aló do que podemos atopar na internet, preguntar dúbidas directamente e case interrogalos, vai ser case imposible”, sinala José Manuel Martínez, decano do COETTGA, “E misión e obxectivo do Colexio Oficial de Ing. Técnicos de Telecomunicacións divulgar, educar e atraer talento e oportunidades. Teño que dicir que estou orgulloso e que xunto con AGALBIT e Dextools, conseguímolo facer realidade en Galicia. Penso que será dentro duns anos cando se lle dea valor ao fito histórico que alcanzamos este ano en Galicia no ámbito das TIC e as Telecomunicacións”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?