Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CESGA inaugura o seu computador cuántico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CESGA inaugura o seu computador cuántico

Redacción
Publicado: 02/10/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20231002_cesga_01.jpgA conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, inaugurou hoxe no CESGA o computador cuántico con maior potencia (32 bits cuánticos) instalado nunha institución pública de I+D+i no sur de Europa. O computador estará aberto á investigación e á innovación de todos os sectores académicos e empresariais, e tal e como sinalou Lorenzana constituirá a principal infraestrutura do Polo de Tecnoloxías Cuánticas que está a impulsar o Goberno galego co obxectivo de colocar a Galicia á vangarda neste eido, apoiar o ecosistema innovador e atraer talento investigador.
A infraestrutura supón un investimento de 13,9 millóns de euros, financiados pola Xunta de Galicia con fondos do programa React-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 dentro da súa aposta pola transición dixital do sistema produtivo e por contar coas mellores infraestruturas de investigación.
O novo computador cuántico permitirá ás empresas, centros tecnolóxicos e grupos de investigación mellorar a súa competitividade e produtividade ao acceder a unha ampla variedade de aplicacións que transformarán os seus procesos e mellorarán as súas estratexias de investimento, o que requirirá de persoal cualificado. Así, ponse en marcha nas tres universidades galegas a primeira edición do mestrado en cuántica.
20231002_cesga_02.jpgNa súa intervención, a conselleira de Economía, Industria e Innovación avogou por converter a aplicación destas tecnoloxías nunha maneira de atracción de empresas e de desenvolvemento da súa competitividade, sinalando que as tecnoloxías cuánticas van transformar todos os sectores, entre os que citou a medicina, a aeronáutica, a biotecnoloxía ou as finanzas. Do mesmo xeito, sinalou a importancia da colaboración entre o sector público e o privado para avanzar na innovación e no crecemento económico.
O contrato con Fujitsu, adxudicataria da licitación do computador cuántico, inclúe diferentes infraestruturas complementarias, e un plan de colaboración que incorpora a posta en marcha do centro internacional de excelencia en tecnoloxías cuánticas en Galicia. A iniciativa enmárcase no Polo de Tecnoloxías Cuánticas de Galicia impulsado pola Xunta, no marco do cal se están a realizar investimentos por importe de máis de 30 millóns de euros.
Neste eido, vénse de poñer en marcha tamén a Rede Galega de Tecnoloxías Cuánticas, unha rede de colaboración entre a Administración, os centros tecnolóxicos e de investigación, as universidades e o sector empresarial para sumar esforzos e avanzar no liderado de Galicia nestas tecnoloxías.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?