Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno investiu 24 millóns de euros para levar a banda larga a todos os concellos da Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno investiu 24 millóns de euros para levar a banda larga a todos os concellos da Coruña

S. P.
Publicado: 02/10/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

maria_rivas_fisterra_rede_aberta.jpgO faro de Fisterra acolleu o venres pasado a presentación da infraestrutura de fibra óptica da operadora neutra Rede Aberta que vai permitir á esta contorna litoral contar con conexión de 1 Gbps. O acto, do que informamos polo miúdo en Código Cero, contou coa presenza da subdelegada do Goberno en Coruña, María Rivas, que salientou impulso que o Goberno está a dar á extensión da banda larga, con máis de 24 millóns de euros investidos nos últimos anos para levar Internet de alta velocidade a todos os concellos da provincia da Coruña.
“Hoxe o Goberno está a traer a fibra óptica ata o fin do mundo”, sinalou a subdelegada, quen cualificou a extensión da conexión a Internet de alta velocidade ás zonas rurais como “unha necesidade urxente para evitar a perda de poboación e lograr novos habitantes”.
Rivas aproveitou o acto para agradecer a Rede Aberta, empresa adxudicataria da segunda convocatoria do Programa Único de Banda Larga na provincia, a súa contribución a despregadura da rede e a aposta pola incorporación de novas tecnoloxías. Precisamente, a compañía galega anunciou no mesmo o inicio da instalación da rede de fibra óptica no municipio e tamén a implantación da tecnoloxía 50G-PON, que permite unha velocidade de internet de 50 Gbps, pioneira en Europa, nos primeiros meses de 2024. Para esa data, a previsión da compañía é levar Internet de alta velocidade a 155.000 fogares da provincia que ata agora non contaban con este servizo, cun investimento de 26,6 millóns dos que 13,3 millóns corresponden a fondos do Plan de Recuperación do Goberno.
María Rivas lembrou que “o compromiso do Goberno é que en 2023 o 95% da poboación galega teña acceso a Internet de alta velocidade e que en 2025 a cobertura chegue ao 100 por cen do territorio. Para iso, o Programa Único de universalización de infraestruturas dixitais, promovido polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital e financiado con cargo aos fondos do Plan de Recuperación, está a mobilizar un investimento sen precedentes que, no caso dos concellos rurais como o de Fisterra “contribúe a construír comunidades máis equitativas e ao cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable”.
Nesta mesma liña, a subdelegada incidiu en que dispor dun servizo de conexión a Internet de altas prestacións e cun custo competitivo “é un elemento básico para frear o despoboamento do rural e romper con esa fenda dixital que separa o mundo rural do urbano. Non pararemos ata conseguilo”, abundou.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?