Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AGASOL inicia un ciclo de relatorios no GaiásTech
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AGASOL inicia un ciclo de relatorios no GaiásTech

Redacción
Publicado: 04/10/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

mes_do_software_libre_f6d-1rfxeaadqhf.jpgA Asociación Galega de Software Libre (AGASOL) continúa a traballar na transformación dixital das empresas galegas e durante os meses de outono, grazas a un convenio de colaboración coa AMTEGA , organizan iniciativas que teñen como obxectivo, entre outros, dar a coñecer o Gaiástech, o espazo na Cidade da Cultura reservado para este tipo de iniciativas relacionadas coa tecnoloxía enfocada ás empresas galegas.
Así, levaranse a cabo unha serie de charlas protagonizadas por diferentes solucións de software libre e enfocadas a diferentes sectores empresariais coma o gandeiro, o agrario, o forestal o cultural e o comercial. Serán un total de 8 charlas impartidas por profesionais do eido que achegarán ao público as ferramentas que veñen utilizando, intentando así facilitar as súas tarefas diarias botando man do software libre.
Falarase de que é o software libre, como tamén se porá a disposición dos asistentes a posibilidade de identificar posibles necesidades tecnolóxicas e formativas nas súas empresas.

Contidos
  • Primeiro relatorio
  • Programa de actividades

Primeiro relatorio

A primeira destas charlas tivo lugar hoxe e foi retransmitida en directo a través da páxina web de Gaiástech. Neste primeiro relatorio déronse a coñecer solucións da man de TICgal. Esta compañía ofrece unha ampla gama de servizos informáticos adaptados ás necesidades empresariais tales como: soporte informático local que satisfai as necesidades técnicas inmediatas ou licenzas de software nacionais que potencian ás empresas de todo o país.
A conversa foi dirixida por Óscar Beiro, fundador de TICgal con 12 anos de experiencia administrando instalacións GLPI; e Polina Marishicheva, Marketing Manager de Teclib e editora oficial de GLPI, o software libre ITSM máis implantado no mundo.

Programa de actividades

– 4 de outubro: #MesD Software Libre: Unha ferramenta para xestionar o departamento TI: GLPI e máis aló – Impartida por GLPI
– 11 de outubro: Xestión da Fabricación co ERP Odoo – Impartida por Anubia Odoo
– 18 de outubro: Arduino para o mundo real: Ardupower Controller – Impartida por Strelia
– 25 de outubro: Charla impartida por Netxcloud
– 8 de novembro: Charla impartida por Muutech
– 15 de novembro: Charla impartida por Libreinnova

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?