Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Coworking Dixital CCompostela organiza un bootcamp de emprendemento
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Coworking Dixital CCompostela organiza un bootcamp de emprendemento

S. P.
Publicado: 18/10/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

formacion_ccoworking_digital_compostela_2.jpgO programa de formación do Coworking Dixital CCompostela, financiado nun 80% polos fondos europeos FEDER que xestiona a Fundación INCYDE e nun 20% pola Deputación da Coruña, organizará do 23 ao 27 de outubro un bootcamp para impulsar o emprendemento dirixido a emprendedores e startups así como a empresas e autónomos que queiran deseñar novos modelos ou liñas de negocio. Para participar é necesaria inscrición previa na páxina web do espazo de traballo colaborativo.
O bootcamp, que se celebrará de forma presencial en Santiago de Compostela, ten como obxectivo transformar as ideas ou retos dos emprendendores en oportunidades, a través dunha formación intensiva con obradoiros prácticos.
As persoas participantes traballarán nas áreas estratéxicas dun proxecto de emprendemento e descubrirán ferramentas para afrontar a creación e validación de modelos de negocio, o proceso de emprendemento, o prototipado e as distintas ferramentas que achegan as metodoloxías Design Thinking e Lean Startup.
A actividade incluirá tamén formación en estratexias de produto baseadas nos clientes obxectivo, a construción de produtos áxiles para lanzar ao mercado, a análise económica e financeiro da empresa e a procura de financiamento para startups e novos proxectos.
formacion_ccoworking_digital_compostela.jpgO programa conta con expertos en cada área que ten unha ampla experiencia: Tania Aira (licenciada en Administración e Dirección de Empresas cun Máster en Comercio Exterior, Dirección de Proxectos e Certificación Agile Management), Pablo López (licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade da Coruña, Ejecutive Máster en Dirección e Administración de Empresas pola Universidade Pontificia de Comillas ICADE ICAI), Roberto Graña (licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais cun Máster en Análise e Xestión de Ciencia e Tecnoloxía e un Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación), Raquel Argibay (licenciada en Administración e Dirección de Empresa cun Máster en Dirección de Comercio Internacional) e Ángeles Gestal (licenciada en CC Económicas, conta con formación en Business Process Management and IT, Dirección e Xestión de Proxectos con Agile e Metodoloxía PMI).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?