Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O foro GaliciaTIC analizou o presente e o futuro do sector tecnolóxico galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O foro GaliciaTIC analizou o presente e o futuro do sector tecnolóxico galego

Redacción
Publicado: 19/10/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

img_9421.jpgGaliciaTIC celebrou hoxe a súa 21ª edición no edificio Cinc da Cidade da Cultura, con máis de 300 persoas acreditadas e unha Feira de Emprego na que participan 16 empresas tecnolóxicas na procura de talento entre os máis de 200 estudantes das universidades, de Formación Profesional e escola de negocios rexistrados.
O extenso programa de GaliciaTIC, que concentra nunha xornada relatorios, mesas temáticas, grupos de traballo, webinars e networking, arrincou cun debate inaugural moderado por Miguel Merino, director de GaliciaTIC. Neste acto participaron Miguel Rodríguez, director da área Sociedade Dixital da AMTEGA; Lourdes Guerra, presidenta de Ineo; Carlos Suárez, director de Edisa, e Fernando Vázquez, director xeral de Imatia. Os retos de futuro das tecnolóxicas, a situación do mercado laboral e a transición dixital foron os eixos tratados.
img_9454.jpg “A transformación dixital non ten fin, é un traballo constante e permanente que tivo e terá sucesivas fases. Ademais, inclúe moitísimos paradigmas, desde a intelixencia artificial ata a captación tecnolóxica”; reflexionou Rodríguez Quelle, director de Área Sociedade Dixital da AMTEGA, quen tamén lembrou os pasos dados pola Xunta para avanzar na especialización tecnolóxica da Comunidade como a posta en marcha dos nodos 5G, de ciberseguridade e de Intelixencia Artificial, fomentando a colaboración público privada para impulsar estas tecnoloxías disruptivas. Ademais, recordou que Galicia foi das primeiras comunidades en contar cunha Estratexia de Intelixencia Artificial, que xunto co Nodo GalicIA e a elaboración dun marco ético e normativo galego sobre o uso desta tecnoloxía foron factores chave na elección de Galicia como sede da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial.
Carlos Suárez, director de Edisa, puxo o foco no mercado laboral tecnolóxico, sinalando que na actualidade a captación de talento é un ámbito moi competitivo e global. Ademais, apuntou a importancia de que as administracións lexislen para fomentar a transformación. “Non chega con subvencións, debe lexislar para encamiñar cada paso da dixitalización. A Administración é un motor enorme para a dixitalización”, concluíu.
Pola súa banda, Fernando Vázquez, director xeral de Imatia, puxo o foco nos retos que ten por diante o sistema educativo formal, así como a evolución demográfica, dous elementos a ter moi en conta á hora de fomentar a formación desde as empresas para incrementar a capacitación dos seus persoais.
Finalmente, a presidenta de Ineo, Lourdes Guerra, reflexionou sobre dúas cuestións: a necesidade de adaptación das empresas, que deben ser conscientes da evolución tecnolóxica e prepararse constantemente para o que está por vir, e a unha inminente incorporación masiva da muller ás TIC que revolucionará o sector, así como a súa competitividade e as súas liñas de traballo

Presente e futuro da IA e outras actividades

img_9674.jpgA conferencia inaugural deste 21º GaliciaTIC correu a cargo de Francisco Dos Santos, executivo da consultora internacional Gartner. Na súa intervención. Dos Santos explicou que ferramentas punteiras de intelixencia artificial xenerativa como ChatGPT só son unha peza máis do “gran quebracabezas” que significa esta tecnoloxía que terá no futuro inmediato impactos revolucionarios en todo tipo de organizacións, empresas e institucións.
A actividade da xornada completouse coa exposición pública dos grupos de traballo que GaliciaTIC convocou nas últimas semanas para abordar, desde tres grandes áreas temáticas, os retos do futuro inmediato do sector. Os ámbitos analizados son: a Intelixencia artificial (panel encabezado pola presidenta de INEO, Lourdes Guerra Fornos); Internacionalización (grupo liderado polo director de márketing de Quobis, Iago Soto) e o emprendemento/StarUp (encabezado por Óscar de Miguel Bandín, da Asociación Startup Galicia).
No resto da mañá, sucedéronse mesas temáticas sobre cuestións como o impacto das TIC nos procesos loxísticos da industria ou os novos servizos que se derivan da 5G ou a novo paradigma que supón para as empresas a irrupción da intelixencia artificial no seu día a día.
Pola tarde, GaliciaTIC organizou dous webinar. O primeiro, ofrecido por Celia García, de Leyton, versou sobre os incentivos fiscais na innovación e no desenvolvemento TIC. O segundo centrouse no programa do Kit Dixital e os servizos que ofrece a Oficina Acelera Peme de Ineo para impulsar a transformación dixital.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?