Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O centro atlanTTic da UVigo abriu as súas portas a alumnado e público en xeral
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O centro atlanTTic da UVigo abriu as súas portas a alumnado e público en xeral

S. P.
Publicado: 23/10/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

xornada_portas_abertas_paatlantic6.jpgDende as páxinas de Código Cero xa apuntamos a este venres 20 de outubro como data de portas abertas nunha xornada organizada polo Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación, atlanTTic da Universidade de Vigo, á que estaba convidado o alumnado de varios institutos de ensino medio en Vigo. A iniciativa Conecta con atlanTTic ten como finalidade achegar á cidadanía galega as instalacións, laboratorios e principais liñas de traballo deste centro.
xornada_portas_abertas_paatlantic5.jpg Durante a visita alumnas e alumnos tiveron a oportunidade de coñecer de preto as instalacións e o equipo de traballo deste centro, participando en demostracións sobre comunicacións 5G, ópticas e vía satélite, e falando coas investigadoras e investigadores sobre proxectos como Panoramix, centrado na detección do deterioro cognitivo en persoas maiores, ou Celia, un chatbot con empatía para entreter e acompañar a persoas maiores. Familiarizáronse tamén cos sistemas de radar e xeoposicionamento; a aplicación SignaMed, que traballa no recoñecemento automático de lingua de signos para facilitar a comunicación coas persoas xordas; e Lightboard, un taboleiro de cristal luminoso para a educación dixital.
xornada_portas_abertas_paatlantic4.jpgAlén disto, as persoas asistentes participaron nas visitas guiadas aos laboratorios, como o de Seguimento de satélites; o de Acústica, incluída a sala de control non-environment e a sala semi-anecoica, acondicionadas coa tecnoloxía Metadyne, material que permite absorber as ondas acústicas; e o laboratorio QOPHI, centrado na investigación e deseño de dispositivos fotónicos integrados, onde se puxeron ao día sobre a revolución que supoñen os chips que empregan esta tecnoloxía.
xornada_portas_abertas_paatlantic3.jpgEngadir que nesta visita o alumnado, principalmente da ESO, de Bacharelato Tecnolóxico e dun ciclo de FP, aproveitou para interesarse polo labor cotián das investigadoras e investigadores dun centro de investigación e como repercute o seu traballo na sociedade.
A Xornada de Portas Abertas de atlanTTic continuou pola tarde dese mesmo día pero encamiñada ao público xeral.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?