Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta ábrese a propostas para a aplicación de vehículos non tripulados a servizos públicos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta ábrese a propostas para a aplicación de vehículos non tripulados a servizos públicos

Redacción
Publicado: 24/10/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20231024_drons_02.jpgA directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou esta mañá na presentación da apertura da Consulta Preliminar ao Mercado para seguir avanzando na incorporación nos servizos públicos de tecnoloxías baseadas en vehículos non tripulados coa que a Xunta pretende dar resposta a novos retos identificados por diferentes áreas e departamentos das Consellerías.
Esta nova chamada ao mercado lánzase despois das que se realizaron en 2014 e 2020 e que serviron de base para definir os retos do Polo Aeroespacial de Galicia. É, polo tanto, o terceiro conxunto de solucións que activa o Goberno galego para contribuír a mellorar os servizos públicos mediante vehículos non tripulados.
20231024_drons_03.jpgAo redor de cen representantes de empresas e centros de coñecemento asistiron á xornada. O obxectivo da consulta é coñecer os avances, novidades e capacidades do mercado.
A convocatoria está aberta a persoas físicas ou xurídicas, públicas e/ou privadas, de maneira individual ou en unión temporal. Admitirase a presentación de propostas aos diferentes retos tecnolóxicos por parte dun mesmo propoñente, pero só unha por reto. O prazo de presentación de ideas innovadoras está aberto ata o 6 de novembro.
20231024_drons_01.jpg A Xunta de Galicia elaborará un informe de conclusións no que se detallarán os resultados obtidos, que será público. Ademais, as propostas servirán de base para presentar novos proxectos e captar novos fondos na convocatoria da Liña de Fomento da Innovación desde a Demanda (Liña FID) para a Compra Pública de Innovación do Ministerio de Ciencia e Innovación, cofinanciada polo Programa Plurirrexional de España 2021-2027 dos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (Feder).
As ideas de solucións innovadoras que se presenten no marco da Consulta Preliminar ao Mercado poderán empregarse para a súa inclusión nas especificacións funcionais ou técnicas de futuras licitacións de Compra Pública de Innovación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?