
A dita charla, que se levará a cabo de 17 a 20:30 horas (podéndose seguir tamén vía streaming previa inscrición) centrarase na Intelixencia Artificial (IA) fiable e sustentable e contará coa presenza presentación do tesoureiro da RAGC, José Ramón Cancelo; a concelleira de Innovación, Mobilidade e Infraestruturas do Concello da Coruña, Nereida Canosa; e o coordinador do ciclo, o catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial Senén Barro, académico da RAGC e director do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago (CiTIUS).
Indo á xornada do xoves, dará comezo coa intervención de Verónica Bolón, profesora titular da Área de Ciencias da Computación e IA da Universidade da Coruña. Abordará a Intelixencia Artificial verde, cara a un futuro sostible. Nesta liña, indica que “nun mundo onde a sostibilidade se converteu nunha prioridade global, a integración da IA na nosa busca dun futuro máis verde e sostible é unha evolución crucial”. Na súa intervención explorará o poder transformador da Intelixencia Artificial no contexto da sostibilidade medioambiental e como esta combinación pode cambiar a maneira na que abordamos os desafíos ecolóxicos.

A experta achegará ademais as estratexias clave e os avances na procura da IA verde. Isto inclúe segundo indica- o desenvolvemento de algoritmos máis eficientes enerxeticamente, a optimización de hardware especializado para tarefas de IA e a adopción de fontes de enerxía renovables para alimentar os centros de datos que executan estes algoritmos.
De seguido participará Luís de Salvador, director da División de Innovación Tecnolóxica da Agencia Española de Protección de Datos e líder do Compoñente de Protección Datos no proxecto EU4DigitalUA en Ucraína, no que se traballa en temas como a transformación dixital, a ciberseguridade, a protección de datos ou o desenvolvemento da banda ancha no país. Explicará a IA desde a perspectiva da regulación da protección de datos.

O ciclo de conferencias sobre Intelixencia Artificial da RAGC remata mañá na Coruña falando de IA verde
Compartir Este Artigo

