Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A directora do IGAPE salienta a importancia da IA para o tecido produtivo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A directora do IGAPE salienta a importancia da IA para o tecido produtivo

Redacción
Publicado: 26/10/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20231026_covadonga_toca_02.jpgA directora do IGAPE, Covadonga Toca, participou esta mañá na Coruña na inauguración da xornada Benvido, futuro: proxectando Galicia, que tivo lugar na sede de Nordés Club Empresarial, e onde puxo en valor as posibilidades que ofrece a IA de cara a mellorar a competitividade do tecido produtivo reforzando a aposta pola innovación e as novas tecnoloxías.
“A intelixencia artificial xa está a transformar a nosa forma de vivir e traballar, abríndose paso na maioría das esferas da actividade humana”, salientou Toca, quen avogou pola colaboración público-privada neste campo para seguir avanzando e permitir ao tecido empresarial “solucionar problemas, novos niveis de velocidade e precisión ou unha maior eficacia e novas formas de traballar”.
Un esforzo conxunto que, como indicou a directora do IGAPE, debe atender tamén a aqueles aspectos máis delicados, como as preocupacións sobre a privacidade das persoas, os ciberataques ou a xestión do cambio e a formación. Factores para os que, precisou, resulta fundamental a aposta polo talento como “motor da economía do coñecemento”.
20231026_covadonga_toca_01.jpg Covadonga Toca resaltou a importancia dese talento nas organización de cara a “desenvolver, implementar e xestionar tecnoloxías de maneira ética e efectiva”. “A medida que a automatización e a intelixencia artificial continúan transformando a economía, o talento humano vólvese aínda máis esencial”, apuntou.
Neste contexto, a directora do IGAPE salientou que Xunta ten clara a necesidade de adoptar as tecnoloxías emerxentes, xa que as empresas poden obter vantaxes competitivas e oportunidades de crecemento. Por este motivo, lembrou, vense de inaugurar, o pasado día 20, o Centro de Servizos Avanzados da Cidade das TIC.
Este espazo, explicou, está chamado a ser “un núcleo tractor, aberto e colaborativo, coas máquinas de intelixencia artificial máis avanzadas”, o que permitirá ás empresas galegas, especialmente ás do sector TIC, dispoñer dunha “contorna de traballo inigualable e de altas capacidades”. “O progreso da Cidade dás TIC vai ser crucial, e por este motivo desde a Xunta apoiaremos aos proxectos que dentro desta singular contorna váianse xerando”, incidiu.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?