Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O reto da Liga Maker Drone será neutralizar niños de velutina
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O reto da Liga Maker Drone será neutralizar niños de velutina

Redacción
Publicado: 27/10/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

liga_maker_drone_1.jpgOs 180 alumnos de segundo curso de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) seleccionados en toda Galicia para participar na 3ª Liga Maker Drone coñeceron esta mañá o reto exposto polos promotores desta iniciativa, Fundación Barrié e Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG): neutralizar niños de velutina (ficticios) mediante o lanzamento de cápsulas de insecticida no seu interior.
A directora da Fundación Barrié, Carmen Arias, e o responsable de I+D da división de drons de ITG, Jorge Seoane, inauguraron a xornada na que se revelou o reto tecnolóxico ao que os escolares se enfrontarán este curso e que poñerá a proba a súa creatividade, enxeño e capacidade para traballar en equipo. Os sistemas dron deseñados para resolver o reto presentaranse nunha xornada final de exhibición, que terá lugar no mes de maio.
Durante a xornada os alumnos penetráronse no mundo da enxeñería e as carreiras STEM, a través dunha visita demostrativa ao DroneFinder, o sistema de procura e localización de desaparecidos desenvolto por ITG e talleres prácticos de robótica, programación, circuítos electrónicos, realidade virtual e pilotaxe de drons.
E é que a formación tecnolóxica representa máis do 50% da liga Maker Drone e estrutúrase en tres módulos: unha sesión de introdución á pilotaxe de drons, con formación teórico-práctica sobre a seguridade, o uso, montaxe e mantemento de drons; tres sesións de formación sobre materiais e a súa fabricación, mecatrónica e sistemas avanzados; e tres sesións de adestramento en voo. Ademais, os equipos contarán con dous kits dron, o soporte técnico e os recursos necesarios para desenvolver a solución ao reto exposto.

Contidos
  • Xornada final
  • 18 centros das 4 provincias
  • Unha iniciativa consolidada

Vídeo de presentación do novo reto

Xornada final

En maio de 2024 celebrarase a Xornada de Exhibición, na que se presentarán as demostracións das solucións deseñadas por cada equipo, que serán avaliadas por un xurado especializado, nas categorías de mellor deseño (atendendo á optimización dos requisitos técnicos especificados como menor peso, menor custo etc.)/ etc.), a solución máis disruptiva (valorarase a creatividade e innovación da solución proposta para a resolución do reto), a destreza en voo (avaliando a destreza na pilotaxe do dron) e a mellor presentación (analizando a expresión oral, claridade e creatividade na exposición da solución ao reto).
Tanto en róldalas eliminatorias como na gran final, gañará o equipo que máis niños de velutina neutralice no tempo marcado pola organización. O equipo que se proclame gañador da liga Maker Drone obterá un trofeo e cada un dos seus integrantes recibirá unha medalla e un kit dron, mentres que os equipos gañadores das distintas categorías recibirán unha medalla e un kit de programación.

18 centros das 4 provincias

liga_maker_drone_4.jpgOs dezaoito centros que están a participar están distribuídos nas catro provincias galegas. Da provincia da Coruña van participar 8 centros: CPR Liceo A Paz, da Coruña; CPR Manuel Peleteiro, de Santiago de Compostela; CPR Montespiño, de Culleredo; IES Eduardo Blanco Amor, de Culleredo; CPR Plurilíngüe Peñarredonda, da Coruña; CPR Obradoiro, da Coruña; CPR @Ntro. Sra. do Carmen, de Betanzos e CPR Plurilingüe Compañía de María, da Coruña.
Os centros que participan da provincia de Lugo son 2: IES Poeta Díaz Castro, de Guitiriz e IES Francisco Daviña Rey, de Monforte de Lemos. De Ourense, pola súa banda, repiten participación o CPR Divina Pastora e CPR Santa María, Maristas. Por último, da provincia de Pontevedra participan 6 centros: CPR As Acacias; CPR Plurilingüe Rosalía de Castro; IES de Teis e IES Carlos Casares, de Vigo; IES Manuel García Barros, da Estrada; IES Plurilingüe Santiago Apóstolo, de Ponteareas.

Unha iniciativa consolidada

A liga Maker Drone impulsada pola Fundación Barrié e o Instituto Tecnolóxico de Galicia é xa unha iniciativa consolidada que, nas súas dúas primeiras edicións cultivaron un importante éxito ao congregar, nas súas xornadas de exhibición final na Coruña a 2.500 asistentes. Dos 18 centros escolares das catro provincias que competiron para mostrar as solucións que desenvolveron para responder o reto da liga, os que se alzaron como equipos gañadores do torneo foron; na primeira edición, o CPR Santa María del Mar, da Coruña e, na segunda edición da liga, o CPR Nosa Señora do Carmen, de Betanzos, que conseguiron levar a cabo a misión no menor tempo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?