Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Corgos abre CIBER.gal salientando a aposta da Xunta pola especialización tecnolóxica de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Corgos abre CIBER.gal salientando a aposta da Xunta pola especialización tecnolóxica de Galicia

Redacción
Publicado: 02/11/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20231102_ciber_gal_01.jpgDurante a inauguración do III Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, afirmou que o Goberno galego seguirá avanzando para consolidar a madurez dixital de Galicia e convertela nunha rexión especializada en tecnoloxía, salientando que neste proceso, a prevención e seguridade son dous elementos claves, xunto co coñecemento e a colaboración.
Nesta liña, recordou que a aposta da Xunta pola ciberseguridade foi clara desde o primeiro momento, coa sinatura de acordos de colaboración co CCN e co Incibe; coa posta en marcha do Centro de Resposta a Incidentes de Seguridade da Información (CSIRT.gal); ou coa creación do nodo CIBER.gal.
Así mesmo, salientou que a Comunidade conta hoxe cunha estratexia galega de ciberseguridade; está construíndo en Ourense o Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Galicia; participa en proxectos como o RETECH e leva a cabo campañas de concienciación dirixidas á cidadanía nesta materia.
20231102_ciber_gal_03.jpgAo longo da súa intervención, Miguel Corgos referiuse tamén a aprobación da Estratexia Galega de Intelixencia Artificial; a creación do nodo galicIA; e á inminente Lei galega de Planificación, Organización e Impulso da Intelixencia Artificial, que situará de novo á Comunidade como pioneira na actuación lexislativa, no ámbito rexional e da Administración pública.
O conselleiro concluíu asegurando que o Goberno galego, da man das tecnoloxías intelixentes, seguirá avanzado para proporcionar unha administración máis eficiente, máis personalizada e máis accesible, para configurar un territorio intelixente e conectado, e para dotar á cidadanía duns servizos públicos dixitais de calidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?