Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Abanca Innova abre a inscrición para a súa novena edición
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Abanca Innova abre a inscrición para a súa novena edición

Redacción
Publicado: 06/11/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

abanca_innova_f-qkmnwwiaatlfc.jpgAbanca abriu hoxe o prazo de inscrición para participar na vindeira edición do Programa para Startups de Abanca Innova (que curiosamente ten unha páxina web en español e portugués, ignorando a lingua galega), deseñado para apoiar a empresas emerxentes con ideas disruptivas nos sectores de fintech, insurtech, regtech ou cibersecurity. As startups interesadas en participar nesta novena edición poderán inscribirse vía web ata o 17 de decembro. Para ser seleccionadas, deben contar cun produto no mercado, aínda que sexa en etapas temperás, e dispoñer dun equipo formado con capacidade para levalo adiante.
Tras o proceso de recepción e análise das propostas, un comité integrado por profesionais de diversas áreas do banco será o encargado de seleccionar os proxectos participantes no primeiro taller, que se levará a cabo no mes de xaneiro. As startups seleccionadas gozarán de importantes beneficios, xa que o programa ofrece un completo paquete de apoio destinado a dotalas de coñecemento de xestión e recursos económicos e materiais para madurar o seu proxecto de emprendemento. Faino seguindo a fórmula de anteriores edicións, a través de sesións con expertos do sector ou reunións con distintas unidades de negocio de Abanca (Negocio, Innovación, TI e Investment Banking).
Deste xeito, os participantes poderán asistir a diferentes clases maxistrais e mesas redondas con destacados relatores do ecosistema nacional de emprendemento. Ademais, tamén se desenvolverán as tradicionais sesións de Café Fintech, é dicir, charlas informais con directivos e empregados de Abanca que lles permitirán coñecer o funcionamento da entidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?