Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Amparo Alonso ingresa na Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais de España
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Amparo Alonso ingresa na Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais de España

Redacción
Publicado: 10/11/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

d880c34fc9607860.jpgA investigadora do CITIC da Universidade da Coruña, Amparo Alonso, vén de ser nomeada Académica Correspondente na sección de Matemáticas da prestixiosa e centenaria Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais de España (RAC), a entidade que asesora ao Goberno en política científica nas súas áreas de actuación. O impacto da intelixencia artificial na sociedade e aspectos éticos relacionados é unha prioridade para a presidencia española do Consello da Unión Europea. Un momento, por tanto, clave para fixar criterios coa axuda de especialistas como a catedrática galega, referente en investigación en IA.
O nomeamento significa para a científica galega “unha inmensa honra, pero tamén unha gran responsabilidade porque a esta Academia pertenceron moitas das mentes españolas máis brillantes nestes campos e é a nosa obrigación manter o seu legado. A RAC ten ademais un papel esencial á hora de determinar as axendas políticas e é importante que os políticos dun país teñan en conta o coñecemento dos seus científicos e tecnólogos, porque lles dará a capacidade de tomar decisións de maneira máis informada. A contribución da ciencia e a tecnoloxía é indispensable para o progreso dunha sociedade e para impulsar o seu crecemento e o seu benestar”.
amparo_alonso_citic2.jpg Coa incorporación de Amparo Alonso, a abordaxe da IA cun enfoque ético pasará a formar parte do programa da RAC. O seu discurso de ingreso, previsto para o primeiro trimestre do 2024, estará centrado na chamada intelixencia artificial verde, unha liña de traballo que se está impulsando desde diferentes grupos do CITIC da UDC, en sintonía co Plan Nacional de Algoritmos Verdes do Gobierno. A IA aplicada aos algoritmos verdes é un conxunto de sistemas cuxa meta é interpretar todos os datos dunha entidade e traducilos da forma máis sostible, máis responsable e menos contaminante para o planeta.
O impulso da IA é un dos eixos estratéxicos da Axenda España Dixital 2025, dentro da que se enmarca o plan nacional. O seu obxectivo é situar a España á vangarda do desenvolvemento dunha IA máis respectuosa co medio ambiente, dando soporte aos centros de investigación punteiros e ao tecido económico do noso país.
Ademais, xusto esta semana acaba de anunciarse a aprobación do Real Decreto que habilita ao Goberno a abrir a convocatoria para as empresas que desexen participar no coñecido como sandbox de IA, unha contorna de probas cuxo obxectivo é testar o futuro Regulamento Europeo e no que, tamén aquí, España é pioneira.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?