Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Román Rodríguez traslada á Comisión Europea o proxecto EdugalIA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Román Rodríguez traslada á Comisión Europea o proxecto EdugalIA

Redacción
Publicado: 15/11/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

20231115_roman_rodriguez_01.jpgO conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, vén de manter unha xuntanza de traballo en Bruxelas co subdirector xeral de Educación, Xuventude, Deporte e Cultura da Comisión Europea, Arturo Caballero, a quen lle trasladou o proxecto EdugalIA, cuxa finalidade é incorporar a intelixencia artificial á xestión educativa, o que convirte a Galicia na primeira comunidade autónoma en integrar esta tecnoloxía no ensino galego.
Román Rodríguez explicou que EdugalIA se centra tanto “no eido da aprendizaxe como no da xestión educativa” a través de “tres ámbitos prioritarios” que son a gobernanza para mellorar o sistema e atallar dinámicas como o abandono escolar, o expediente dixital único que recolla o tránsito dun alumno ao longo da súa vida académica e a relación coas familias facilitándolles información do seu interese en torno ao sistema educativo no que están os seus fillos.
No decurso da xuntanza, o titular de Educación puido intercambiar impresións así como coñecer de primeira man as liñas de traballo que se están desenvolvendo desde a Comisión Europea. Tamén expresou o seu agradecemento por ser recibido por Arturo Caballero, en cuxa dirección está integrada unha profesional galega da educación, Nair Carrera, que traballa na unidade de Educación Dixital, que xestiona o Plan de Acción de Educación Dixital e o conxunto de recomendacións do Consello sobre educación e habilidades dixitais que se espera sexan adoptadas o 23 novembro tras o proceso de negociación e diálogo cos estados membros.
Nesta reunión, o conselleiro tivo a oportunidade de reflexionar con Naír Carrera sobre o uso da Intelixencia artificial e os datos na educación que a Comisión Europea publicou en 2022. Ademais, seguindo as Recomendacións do Consello, a reunión serviu tamén para reflexionar sobre o papel da informática ou das ciencias da computación de forma transversal no ámbito escolar.
Pola súa parte, o subdirector xeral recibiu o proxecto EdugalIA e recoñeceu a súa aliñación cos obxectivos do Plan de acción de Educación Dixital e o uso da ferramenta SELFIE, da cal en Galicia xa teñen participado máis de 188.000 usuarios en aproximadamente 1.200 escolas galegas.
A adopción das dúas recomendacións do Consello sobre educación dixital e habilidades está prevista para o 23 de novembro, e Galicia está ben posicionada para implementar as prioridades estratéxicas do Plan de Acción de Educación Dixital 2021-2027, destacando iniciativas como Edudixtal 2030 e o Plan Dixital de Centro.

Colaboración coa European Schoolnet

20231115_roman_rodriguez_02.jpgNa súa visita á capital europea, Román Rodríguez tamén visitou a rede de 34 ministerios de educación, European Schoolnet, onde foi recibido polo responsable da Aula do Futuro, Tommaso Dalla Vecchia, con quen abordou a participación de Galicia en diferentes proxectos europeos como eTwinning ou Code Week (a semana da programación) entre cuxos retos está o uso eficaz das novas tecnoloxías no ámbito do ensino, mellorar a calidade da educación en toda Europea e promover unha dimensión europea na educación.
Este encontro serviu para reforzar os lazos coa European Schoolnet, con quen a Consellería de Educación mantén unha estreita relación desde hai anos a través do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) que certifica os seus cursos de formación do profesorado en liña (MOOC) así como co CIEDix
Cómpre lembrar que un dos proxectos máis destacados froito desta relación é a Aula Nova de Galicia, ubicada no CAFI, que forma parte da rede rexional de Future Classroom Lab de centros innovadores punteiros. A través do CAFI tamén se canaliza a colaboración en proxectos de formación e intercambio de boas prácticas, na Semana da Programación (European Code Week), un proxecto que busca traer a programación e o pensamento computacional á aula e as escolas desde idades temperás.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?