Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os avances no emprego en Galicia co uso da IA postos en valor en Bruxelas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os avances no emprego en Galicia co uso da IA postos en valor en Bruxelas

Redacción
Publicado: 16/11/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20231116_rivo_01.jpgA conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, rematou hoxe a súa viaxe a Bruxelas coa súa intervención na mesa sobre dixitalización e o futuro do traballo no marco do European Employment & Social Rights Forum 2023, no que estivo acompañada pola ministra de Transformación Dixital e viceministra para a integración na UE de Ucraína, Valeriya Ionan. Neste foro presentou a nova ferramenta baseada na intelixencia artificial, EMi, que a Xunta está a implantar con éxito na súa rede de oficinas de emprego, co reto de casar oferta con demanda para dar resposta ás necesidades do mercado de traballo.
A ferramenta na súa versión actual permite realizar perfís, recomendar ocupacións alternativas, buscar formacións axeitadas e avaliar o estado do mercado de traballo por áreas xeográficas a distintos niveis; e nun futuro agárdase que esta ferramenta poida ter a capacidade de asumir as ofertas laborais publicadas en distintos portais webs, avaliar a oferta laboral para detectar ocupacións e competencias emerxentes e a capacidade de apoiar o deseño das políticas de emprego en base á predición do comportamento futuro do mercado de traballo. Emprego Intelixente (EMi), en palabras de Rivo, permite coñecer o que a persoa sabe facer e ver o seu encaixe no mercado laboral.
A conselleira indicou que na Xunta se traballa no deseño de programas dirixidos á formación e recualificación das persoas traballadoras para que poidan estar mellor preparadas para desenvolver os empregos do futuro; e insistiu na necesidade de ser capaces de aproveitar as oportunidades que brinda a nova era dixital. “A tecnoloxía ten que ser a nosa aliada”, apuntou.
Na súa intervención no foro, Rivo destacou, ademais, que a Xunta está centrada no deseño de políticas en todos os ámbitos, non só no emprego, para apoiar á cidadanía a enfrontar a nova era tecnolóxica.
Así, puxo en valor a formación en habilidades dixitais coa execución de programas que promoven a alfabetización e a capacidade dixital en todas as idades; o investimento en formación e na reciclaxe profesional dos traballadores porque as empresas están demandando novos perfís profesionais adaptados á nova era dixital; a aposta polas novas tecnoloxías para manter e mellorar a calidade de vida das persoas maiores e a planificación urbana e do rural, xestionándoa dun xeito máis sustentable; e o uso tamén das ferramentas dixitais no ámbito social para desenvolver solucións inclusivas e responsables.

Os polos, un modelo para a UE

20231116_rivo_02.jpgNa xornada de hoxe, a conselleira mantivo, ademais, un encontro co comisario de Emprego, Nicolas Schmit, que hai unhas semanas estivo en Galicia visitando o Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Silleda; e previamente coa directora de Estratexia e Análise Económica da Dirección Xeral de Mercado Interior, Industria, Emprendemento e PEME da Comisión Europea, Outi Slotboom, para falar das iniciativas de emprendemento en Galicia. Neste senso, destaca a Rede de polos de emprendemento que a Administración autonómica está a despregar por toda Galicia, un proxecto polo que se mostrou moi interesada a representante da Comisión Europea, salientando que é un exemplo para replicar na Unión Europea.
Rivo, ademais, expuxo a idea da Xunta de dar cabida na comunidade a nómades dixitais ou profesionais en remoto a través de espazos co-living, que engaden aos servizos de coworking a posibilidade de residir no espazo de xeito temporal. O obxectivo desta iniciativa é seguir dinamizando o rural galego, xerando actividade económica dun modo sustentable.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?