Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AJE Vigo recoñece un par de proxectos TIC nos seus premios anuais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AJE Vigo recoñece un par de proxectos TIC nos seus premios anuais

Redacción
Publicado: 23/11/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

aje_vigo_403854536_3004784746319109_3430331105767851173_n.jpgA Asociación de Mozos Empresarios de Vigo, AJE Vigo, celebrou hoxe o acto de entrega dos seus premios anuais, sendo destacable que dentro da categoría Mellor Empresario/Empresaria entregáronse dous accésits.
O de Innovación foi para Datcisions, unha empresa posta en marcha por Pablo Franco en xaneiro de 2022, en Tomiño. A empresa desenvolve o software de xestión de existencias para téxtil e retail Datplanner, que proporciona a cantidade de unidades que deben ser repostas por cada produto vendido en cada tenda. A súa fortaleza competitiva é que a aplicación non necesita conectarse a ningunha base de datos. Desde setembro de 2023 forma parte do programa de aceleración de EGI Group. Os seus próximos obxectivos céntranse en obter unha primeira rolda de financiamento en 2024 para finalizar a aplicación e converterse así en referentes no mercado nacional para, en 2025, internacionalizar o seu proxecto.
aje_vigo_accesit_rse.jpgO segundo accésit, o de Responsabilidade Social Empresarial recaeu en Comunicacción, axencia de márketing dixital, branding e comunicación posta en marcha en 2019, en Cangas, por Carmen María Iglesias. O xurado recoñeceu a súa participación no proxecto Biosfera TEAyuda, unha iniciativa privada dun centro comercial en Lanzarote que o converteu no primeiro en ser accesible para as persoas con TEA en España. Actualmente, traballan con logopedas galegos para replicar o proxecto en diferentes edificios públicos e privados de Galicia.
O acto, no que participaron preto dun cento de convidados, celebrouse no Porriño, no restaurante Manolo, e contou coa presenza de numerosas autoridades entre as que se atopaban o alcalde desta localidade, Alejandro Lorenzo; o secretario xeral de Apoio ao Emprego da Xunta de Galicia, Pablo Fernández; a delegada da Xunta de Galicia, Ana Ortiz, entre outras personalidades do mundo empresarial e social de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?