Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Polo Aeroespacial de Galicia exhibe en Sedexpo as capacidades dos vehículos non tripulados no eido das emerxencias
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Polo Aeroespacial de Galicia exhibe en Sedexpo as capacidades dos vehículos non tripulados no eido das emerxencias

Redacción
Publicado: 29/11/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20231129-sedexpo1.jpgA directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, visitou hoxe a segunda edición da Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias (Sedexpo) que se celebra no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda onde destacou as capacidades das solucións baseadas en tecnoloxías de vehículos e sistemas non tripulados no eido das emerxencias.
Máis de 200 firmas de 24 países participan nesta edición de Sedexpo, que abriu onte as súas portas. O Polo Aeroespacial de Galicia conta cun espazo propio na área de exposicións na que hai unha importante presenza de empresas e centros de coñecemento do ecosistema como Airbus, Catec, Aeromedia-Umiles, Beagle e o ITG.
No programa de actividades presentáronse hoxe tres solucións con tecnoloxías de vehículos e sistemas non tripulados desenvolvidas no Polo Aeroespacial de Galicia aplicadas ao sector das emerxencias, en dúas mesas redondas moderadas por un representante da Axencia Galega de Innovación, que tiveron lugar na sala Civil UAVs Initiative.
O primeiro deles é unha solución innovadora para a localización de persoas extraviadas por medio de drons e intelixencia artificial, desenvolvida por Indra, Aeromedia e o Instituto Tecnológico de Galicia. O sistema, denominado DroneFinder, lanza un aviso directo aos sistemas de emerxencias, reducindo ao mínimo os tempos de resposta e optimizando os recursos empregados na busca, contribuíndo así, a salvar vidas.
A continuación, presentáronse dúas solucións con aplicacións na área das emerxencias que se están a desenvolver no marco da Business Factory Aero (BFAero), o programa de incubación, aceleración e consolidación de proxectos innovadores no eido dos vehículos non tripulados do Polo Aeroespacial de Galicia.
O proxecto ACRE (Área de Control Restrinxida de Emerxencias) da empresa Vig-Sec Drone, é un software de xestión do espazo aéreo de emerxencias, enfocado de forma específica nos incendios forestais, que permite o uso simultáneo de aeronaves tripuladas e non tripuladas. Valorado pola súa singularidade para o ecosistema aeronáutico galego, este proxecto foi seleccionado no itinerario de aceleración da 5ª edición da BFAero. Tamén participou en ViaGalicia e recibiu financiamento do programa de Recuperación Excelencia Neotec de Galicia.
Pola súa parte, Beagle Technology accedeu ao itinerario de consolidación da 5ª edición da BFAero cun proxecto que xa pasou polo itinerario de aceleración da 4ª convocatoria. É unha solución de hardware e software que permite ofrecer información situacional mellorada en operacións de emerxencias (imaxe aérea integrada en vista tridimensional, vehículos e recursos móbiles xeoposicionados, información completa e rápida e sinxeleza de uso) co obxectivo de facilitar a coordinación de medios e a toma de decisións.
Os vehículos e sistemas non tripulados están a ter unha importante presenza en Sedexpo 2023, tanto no programa de conferencias como na área de exhibicións, na que se realizará un exercicio-simulacro sobre as futuras capacidades da unidade operativa de drons da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) na busca de persoas desaparecidas, organizado pola Xunta de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?