Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia regulará por lei o uso da intelixencia artificial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia regulará por lei o uso da intelixencia artificial

Redacción
Publicado: 30/11/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20231130_alfonso_rueda.jpgO presidente Alfonso Rueda anunciou hoxe que o Consello da Xunta autorizou o inicio da tramitación do Anteproxecto de lei para o desenvolvemento e impulso da intelixencia artificial (IA), que converterá «Galicia na primeira rexión europea en regular por lei o uso» desta tecnoloxía. “O obxectivo é garantir que os sistemas de intelixencia artificial que se utilizan na comunidade son fiables e respectuosos cos dereitos fundamentais das persoas”, resaltou.
A lei establecerá os principios éticos para o deseño, adquisición implementación e uso de sistemas de IA por parte da Administración baixo criterios de dilixencia, auditabilidade, explicabilidade, transparencia, imparcialidade, ausencia de nesgos, seguridade ou privacidade.
Entre os principios éticos reitores, destaca tamén o principio de reserva da humanidade e de revisión humana, principio de fiabilidade e de responsabilidade e o principio de avaliación de impacto nas persoas, na sociedade e no ambiente. Garantirá, así mesmo, os dereitos de liberdade, igualdade e reacción fronte ao deseño, adquisición, implementación e uso de sistemas de intelixencia artificial, así como o exercicio dos dereitos da cidadanía.
Coa tramitación desta lei, a Xunta avanza no seu compromiso de aprobar entre 2020 e 2024 a normativa necesaria para facilitar a incorporación de tecnoloxías dixitais de alto impacto, de acordo co obxectivo da Estratexia Galicia Dixital 2030 de especialización tecnolóxica e atracción de investimentos e talento dixital.
Ademais, tamén responde, así mesmo, á petición unánime do Parlamento de Galicia para impulsar as actuacións necesarias para que Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia adopten, como marco de actuación, o establecido polo Regulamento europeo de intelixencia artificial, previamente á súa entrada en vigor prevista para o ano 2024, así como o desenvolvemento da normativa necesaria para a aplicación da IA no sector público autonómico.
Tal e como explicou o presidente, un dos principais obxectivos da futura normativa é «garantir o uso eficaz, eficiente, ético e seguro da IA na administración autonómica». A Lei tamén busca «aproveitar a oportunidade que a IA supón para o tecido socioeconómico galego».
A proposta que foi levada hoxe ao Consello para ser remitida ao Consello consultivo pretende recoller os aspectos normativos da lei en catro apartados (títulos) sobre gobernanza e planificación, identificación e avaliación, uso da IA ​​polo sector público, e medidas para o impulso da IA en Galicia.
A norma busca aumentar a confianza da cidadanía nesta tecnoloxía e garantir que os sistemas de IA sexan fiables e respectuosos cos dereitos fundamentais das persoas. Ademais, consolida Galicia como un lugar idóneo para o investimento empresarial no sector da intelixencia artificial.
Ao mesmo tempo, impulsará a implantación e uso de sistemas de intelixencia artificial seguros, eficientes e de calidade nas empresas galegas, en particular, nas pemes, promovendo a súa mellora competitiva.
A redacción da proposta estará coordinada pola AMTEGA, que promoverá unha comisión de redacción da que formarán parte a Asesoría Xurídica Xeral da Xunta, a Secretaría Xeral da Presidencia e a Consellería de Facenda e Administración Pública, por medio da súa Secretaría Xeral, da Intervención Xeral e da Dirección Xeral de Simplificación Administrativa. Haberá tamén grupos de traballo nos cales participarán, entre outros, a Consellería de Economía, Industria e Innovación e a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Tamén serán tidas en conta as achegas de profesionais, entre eles os integrantes da Comisión de Expertos para o Asesoramento no Desenvolvemento e Uso Ético da IA de Galicia, recentemente constituída.
Está previsto que o texto poida ser remitido ao Parlamento para a súa tramitación no primeiro período de sesións de 2024.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?