Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vodafone proba con éxito a 5G en banda milimétrica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vodafone proba con éxito a 5G en banda milimétrica

Redacción
Publicado: 05/12/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

piloto-vodafone-espana-26ghz.jpgVodafone España vén de realizar o primeiro piloto no mercado español para probar as capacidades que ofrecen as frecuencias 5G na banda milimétrica de 26 GHz, acadando velocidades de descarga superiores a 2 Gbps e de subida por enriba de 430 Mbps, respectivamente, na súa rede comercial. Este piloto prodúcese tras a adquisición de 400MHz na banda de 26 Ghz, por 8 millóns de euros en decembro de 2022.
As probas, realizadas na súa sede de Madrid (Alameda de Osuna), leváronse a cabo con smartphones precomerciales en colaboración con diferentes fabricantes de chipsets como socios tecnolóxicos. Os enxeñeiros de Vodafone agregaron diferentes combinacións de portadoras para conseguir as máximas velocidades posibles utilizando todo o espectro dispoñible (400 MHz) cun alcance de máis de 1 quilómetro con liña de vista á antena desde a súa sede ata o punto onde estaban situados os smartphones. Desta forma a operadora superou os 430 Mbps en velocidade de subida de datos á rede, cando a media habitual non excede os 100 Mbps, e os 2 Gbps en descarga.
Os eventos multitudinarios, como concertos ou partidos de fútbol en estadios, son algúns dos casos de uso onde a operadora ten previsto comprobar o rendemento desta banda milimétrica para ofrecer as capacidades melloradas dos seus servizos 5G aos seus clientes. Outros escenarios posibles son redes móbiles privadas (MPN), emisións multimedia en tempo real, competicións de videoxogos ou xestión e control de drons. Tamén se contemplan Campus Universitarios, zonas comerciais e estacións de transporte con gran afluencia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?