Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CESGA conmemorou o seu 30º aniversario
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CESGA conmemorou o seu 30º aniversario

Redacción
Publicado: 15/12/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cesga_30_aniversario.jpgEsta mañá tivo lugar un evento de conmemoración do trinta aniversario do CESGA, no que participou a directora da Axencia Galega de Innovación e presidenta do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), Patricia Argerey, xunto ao director do centro, Lois Orosa, o subdirector técnico, Ignacio López, o ex-presidente do centro, Miguel Ángel Ríos, e o ex-director, Antonio Casares.
A directora de Gain destacou a posición de vangarda que ocupa o centro no eido da computación de altas prestacións coas actuais infraestruturas, como o Finisterrae III, a segunda máquina de cálculo científico máis potente do Estado, e o computador cuántico con máis bits cuánticos do sur de Europa instalado nunha institución pública. Argerey apuntou que estas capacidades sitúan ao CESGA como un socio tecnolóxico fundamental e locomotora do ecosistema galego de innovación e destacou a súa contribución a proxectos en eidos como a saúde, a educación ou a industria.
Argerey anunciou que a aposta da Xunta de Galicia por este centro desde a súa creación no 1993, verase reforzada cun investimento de 47 millóns de euros, cofinanciados con fondos europeos do Ministerio de Ciencia e Innovación, para a adquisición dun novo computador cuántico, o QMIO II, e o supercomputador Finisterrae IV, entre outras actuacións. Con este investimento, aspírase a converter ao CESGA no horizonte do 2030 nun referente europeo en supercomputación e computación cuántica que contribúa a mellorar a competitividade da nosa economía en beneficio da sociedade.

Balance de trinta anos

Desde 1993, o CESGA foi varias veces líder a nivel estatal en capacidade de cálculo, destacando o fito de converterse no ano 2007 en Infraestrutura Científico-Tecnolóxica Singular como membro da Rede Española de Supercomputación. En 30 anos, o centro multiplicou por 2 millóns a potencia do primeiro supercomputador, por 250.000 a capacidade de memoria e por 3 millóns a de almacenamento.
O nacemento do CESGA coincidiu coa extensión do uso de internet en Galicia a través da RedIris. Entre os seus maiores activos atópanse os seus recursos humanos, que pasaron de 6 a 51, e a ampla comunidade de usuarios, que pasou de 89 a máis de 1.150 actualmente. Destaca a súa vocación de colaboración co resto de axentes do ecosistema galego de innovación, cos que mantén conexións, así como co resto de centros de supercomputación de España e Europa e as redes de comunicacións nacionais e internacionais.
No eido da contribución á sociedade, as súas infraestruturas contribúen a proxectos de predición meteorolóxica e do risco de inundacións, predición mariña europea, almacenamento e análise de datos xenómicos ou á aplicación do Big Data e da Intelixencia Artificial á industria, entre outros. Por último, sinalouse que un dos retos para os vindeiros anos é a atracción e retención de talento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?