Para facilitar a migración de tarxetas SIM físicas a eSIM o iPhone conta cunha opción de transferencia rápida que permite converter a tarxeta SIM introducida no teléfono directamente en eSIM, sen ter que chamar aos servizo de atención ao cliente da operadora nin ter que acudir a unha tenda para conseguir un código QR para escanear, e en España Movistar (e O2) convértese na primeira compañía en activar esta función que é compatible con smartphones de Apple dende o iPhone Xs.
A función de transferencia rápida é sumamente práctica e de balde, evitando un trámite de expedición de tarxeta eSIM polo que Movistar estaba a cobrar 15 euros (o que provocou grandes críticas).
Aínda que as eSIM xa de por si son unha tecnoloxía chamada a substituír as SIM físicas, a súa implantación está a ser moi lenta e desigual (moitos operadores aínda non as admiten, ou só permiten o seu uso dende certos dispositivos), pero no caso dos iPhone ten un atractivo moi especial, xa que poden combinarse tarxetas eSIM con tarxetas SIM, o que permite empregar 2 números de móbil nun mesmo dispositivo (algo que moitos móbiles con Android permiten con tarxetas físicas dende hai unha chea de anos).
Movistar permite converter unha SIM en eSIM directamente dende o iPhone
Compartir Este Artigo

