O pasado xoves o presidente da Xunta anunciou a convocatoria das eleccións autonómicas en Galicia para o 18 de febreiro de 2024, e os cidadáns que non poidan acudir a exercer o seu dereito ao voto en tal data poden xa solicitar o seu voto por correo, acudindo presencialmente a unha oficina de Correos ou a través da páxina web da sociedade estatal.
Para poder solicitar o voto por correo ás Eleccións ao Parlamento de Galicia 2024 é preciso dispor de DNI Electrónico ou dun certificado dixital válido, así como ter a aplicación AutoFirma instalada no equipo informático dende o que se queira presentar a solicitude. Poderase solicitar o voto por correo ata o 8 de febreiro, podendo depositarse o voto nunha oficina de Correos ata o 14 de febreiro.
Xa é posible solicitar o voto por correo para as Eleccións ao Parlamento de Galicia
Compartir Este Artigo

