Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Nova edición do concurso de microrrelatos de PuntoGal e a RAG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Nova edición do concurso de microrrelatos de PuntoGal e a RAG

Redacción
Publicado: 24/01/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

677994f1-7445-e699-888a-3dc6a855.jpgA Real Academia Galega e PuntoGal presentaron esta mañá na Fundación Luis Seoane a sétima edición do concurso de microrrelatos organizado por ambas as entidades. O concurso premiará nove historias dun máximo de 200 palabras, tres por cada unha das categorías: infantil (ata 11 anos), xuvenil (de 12 a 17 anos) e persoas adultas.
O prazo para participar na nova edición permanecerá aberto do 1 ao 29 de febreiro de 2024 a través da páxina web do concurso no que se repartirán nove premios ás mellores historias dun máximo 200 palabras, tres por cada unha das categorías: infantil, xuvenil e persoas adultas.
puntogal_24-1-24-12-21-10.jpg O presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes; o director xeral de PuntoGal, Darío Janeiro; e Lois Alcayde, coordinador da revista Luzes presentaron en rolda de prensa a nova edición, que como cada ano repartirá premios tecnolóxicos e relacionados coa lectura. Víctor F. Freixanes formará parte do xurado de relatos de persoas adultas canda o presidente de PuntoGal, o tamén académico Manuel González, a académica correspondente Olga Castro, Darío Janeiro e a escritora Antía Yáñez. Os contos das modalidades infantil e xuvenil serán lidos polo dramaturgo e académico de número Euloxio R. Ruibal; a académica correspondente Montse Pena Presas, profesora de Didáctica da literatura da USC; Concha Losada, presidenta do padroado do Museo do Pobo Galego e membro da directiva de PuntoGal; Cristina Ríos, membro do equipo técnico de PuntoGal; e o xornalista e escritor Lois Alcayde Dans, coordinador de Luzes.
Dende a súa creación en 2018 co propósito de contribuír a reforzar a presenza do galego e da identidade propia na Rede, o concurso premiou medio cento de historias entre as preto de 5.000 presentadas. “Cada ano non deixa de abraiarnos a capacidade de xente tan diversa, en idades e experiencias, para transmitir tanto con tan poucas palabras. Un feixe de liñas abondan para profundar, dende a ollada de noso, nos grandes temas universais da literatura e a vida, para sorprender, para nos arrincar un sorriso, para provocar desacougo”, salienta o presidente da Real Academia Galega. “Coido que podemos asegurar que esta é xa unha iniciativa consolidada que está a permitir visibilizar novas voces das nosas letras e que anima a moitas outras a aproveitar, dende a infancia, todo o potencial de expresión e enriquecemento persoal que ten a escrita”, engade.
Na mesma liña, Darío Janeiro, refírese á esta iniciativa como un espello no que se reflicten as preocupación tanto das persoas adultas coma dos escritores e escritoras máis novos. “E aínda que é moi clara, non podemos deixar de apreciar a diversidade das experiencias vitais e das inspiracións literarias que se poden ver nos centos de relatos presentados. Agardamos que as achegas deste ano sexan igual de ricas e variadas que en convocatorias pasadas”, abonda o director xeral.
A sétima edición do concurso, de cuxo deseño gráfico se encargou a debuxante e tatuadora Greta Debelius, coincide coa nova campaña de PuntoGal, “unha das máis atractivas do ano”, valora Darío Janeiro. Os rexistradores acollidos á promoción, que ofrece vinte e catro meses de rexistro por un máximo de 15 euros máis IVE, son Dinahosting, Openprovider, Don Dominio e INWX.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?