Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os enxeñeiros técnicos de telecomunicacións reivindican unha Consellaría de Telecomunicacións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os enxeñeiros técnicos de telecomunicacións reivindican unha Consellaría de Telecomunicacións

Redacción
Publicado: 26/01/2024
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

forotelecos_2023_mg_8613.jpgO Hotel Finisterre da Coruña foi o escenario elixido para acoller a cuarta edición de ForoTelecos, ao que acudiron máis dun cento de enxeñeiros técnicos de todo o territorio nacional. O evento comezou cunhas xornadas formativas centradas nunha temática moi importante para o sector: a ciberseguridade.
A primeira delas impartida polo subdirector de INCIBE-CERT e CISO de INCIBE, Marcos Gómez, titulada INCIBE, a ferramenta de ciberseguridade na sociedade dixital. A continuación, o consultor de seguridade e socio de DoingIT, Bernardo Viqueira cun relatorio centrado nos Hackers e finalizou cunha mesa redonda na que se debateu sobre os Retos e Tendencias da Ciberseguridade nas empresas, na que participaron o director de BE:SEC en EMETEL, Fernando Segura, o analista de seguridade de Optar Solutions, Israel Valcárcel e a responsable de analítica en Seguridade e Privacidade en Gradiant, Lilian Adkinson.
A este evento asistiron o conselleiro de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia, Miguel Corgos; a concelleira de Innovación, Mobilidade e Infraestruturas do Concello da Coruña, Nereida Canosa; a subdelegada de Goberno da Coruña, María Rivas e o director da AMTEGA, Julián Cerviño, ademais de deputados nacionais e autonómicos, senadores e outros representantes institucionais e empresariais de Galicia.
Contou nesta edición coa intervención da actual secretaria de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais, María González Veracruz, quen valorou o traballo exemplar dos enxeñeiros técnicos de telecomunicacións galegos e resaltou que «Galicia é un referente no sector das telecomunicacións e as novas tecnoloxías tanto a nivel nacional como internacional». Ao que engadiu que «as Telecomunicacións e a Transformación Dixital están entre as máximas prioridades do Goberno. En Galicia están a darse pasos moi importantes en sectores como o chip ou a IA , con apoio do Goberno con anuncios como o do centro AESIA, sumada ao investimento en conectividade fixa con máis de 170 millóns para levar fibra a máis de 570.000 fogares ou empresas de Galicia, e os 87 millóns cos que se ampliará o alcance da 5G en municipios de menos de 10.000 habitantes das catro provincias».

Contidos
  • A reivindicación da noite
  • Premios Enxeño

A reivindicación da noite

forotelecos_2023_mg_8579.jpgA necesidade de contar cunha Consellería de Telecomunicacións en Galicia foi a principal reivindicación dos enxeñeiros técnicos de telecomunicacións durante a celebración da IV edición de ForoTelecos Galicia.
«As telecomunicacións están omnipresentes e recoñecer esta carteira só reflicte o que é evidente e relevante para toda a sociedade e o tecido produtivo. As telecomunicacións están en todas as competencias de calquera goberno de forma transversal e solicitamos que así se trate ao sector», subliñou José Manuel Martínez, decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións (COETTGA), durante a presentación do evento.
«É prioritaria a incorporación de profesionais non alleos ao sector teleco para poder lexislar eficientemente a cuarta revolución das telecomunicacións que estamos a vivir, por iso reivindicamos a inminente incorporación de graduados e enxeñeiros técnicos de telecomunicacións en todos os ámbitos da administración pública e en todas as entidades locais, supramunicipais e autonómicas», destacou Martínez.

Premios Enxeño

forotelecos_2023_mg_9304.jpg Tras a presentación, realizouse a entrega dos Premios Enxeño 2023, a cuarta edición dos galardóns que recoñece a traxectoria de profesionais e entidades no mundo das Telecomunicacións.
– Premio Enxeño 2023 aos ex-xefes provinciais de inspección de telecomunicacións: Félix Canles, Salustiano Pérez, Perfecto Meixengo Armada, Manuel Pereira Pola e Xosé Lois González.
– Premio Enxeño 2023 a Gradiant, recolleu o premio o seu xerente, Fernando Jiménez.
– Premio Enxeño 2023 ao Instituto Nacional de Ciberseguridade, recolleu o seu premio o subdirector de INCIBE-CERT, Marcos Gómez.
– Premio Enxeño 2023 á Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo, recolleu o premio a súa directora Rebeca P. Díaz.
– Premio Enxeño 2023 Enxeñeiro do Ano pola súa gran actividade laboral e unha traxectoria impecable a Santos Héctor Díaz.
– Premio Enxeño 2023 á Excelencia nas Telecomunicacións ao CEO de Cellnex Telecom España, o teleco galego Alfonso Juan Álvaro Villamarín.
O acto clausurouse coa intervención da concelleira de Innovación, Mobilidade e Infraestrutura do Concello da Coruña, Nereida Canosa, que destacou que a prevención en materia de ciberseguridade ten unha repercusión directa na protección dos servizos telemáticos que se ofrecen aos cidadáns. E lembrou que A Coruña foi o primeiro concello de Galicia en adherirse á Rede Nacional de Centros de Ciberseguridade en 2022.
Puxo o broche de ouro a este evento o conselleiro de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia, Miguel Corgos, que quixo salientar o papel das telecomunicacións como ferramenta para a cohesión do territorio e como garantía de igualdade de oportunidades.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?