Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha nova app permite acceder a préstamos electrónicos dos fondos das nosas bibliotecas públicas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha nova app permite acceder a préstamos electrónicos dos fondos das nosas bibliotecas públicas

S. P.
Publicado: 01/02/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

applicacion_bibliotecas_app.jpgOs 800.000 usuarios da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia contan dende este martes 30 de xaneiro cunha nova ferramenta. É unha aplicación móbil que permite acceder de balde aos contidos dixitais recollidos na plataforma de préstamos Galicia Le. O catálogo proporciona un servizo de préstamo temporal duns 14.000 libros, revistas e películas. O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, dixo na presentación que este servizo “ábrenos un mundo de posibilidades enorme, unha Torre de Babel, e permite un salto cualitativo no acceso ao libro e á cultura”. A aplicación inclúe tamén unha nova versión dixital do carné de usuario e unha nova modalidade orientada a persoas non residentes en Galicia.
Rodríguez, que estivo acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Julián Cerviño, sinalou que este novo servizo vai estar dispoñible para os sistemas operativos de Android e iOS e permite levar nun mesmo dispositivo os máis de 14.000 títulos de fondos literarios e documentais dispoñibles en GaliciaLe para acceder a eles calquera día da semana e en calquera horario. “Esta plataforma de préstamo e consulta dos recursos electrónicos ofrecidos polas bibliotecas públicas de Galicia pechou o ano 2023 con case 17.500 usuarios, o que demostra o interese dos galegos pola lectura dixital,” precisou.
Ademais, a ferramenta inclúe a modalidade GaliciaLe+, que permite o uso da plataforma por parte de persoas residentes fóra da Comunidade que queren ler en galego.
Esta medida, accesible a persoas de calquera lugar do mundo, ten por obxectivo “promover e facilitar a lectura en galego máis alá das nosas fronteiras, así como facilitar o acceso á Galicia exterior a todos os recursos desta app”, sinalaron, engadindo que “as ferramentas dixitais permitiralle a emigración galega estar máis cerca do seu lugar de orixe”.
De xeito paralelo procedeuse a actualizar a imaxe dos carnés de usuario, de xeito que todas as bibliotecas públicas contarán co mesmo modelo para ofrecer aos seus lectores. “Trátase dunha tarxeta personalizable co nome da biblioteca titular que ofrece unha imaxe común en toda a Rede”, explicou o conselleiro, quen precisou que, por primeira vez, o carné poderá solicitarse de xeito telemático sen necesidade de acudir fisicamente á biblioteca.
Tamén como novidade actualizaranse as condicións de protección de datos e deixará de ser obrigatorio presentar unha fotografía. Ademais, haberá dúas modalidades de carné, unha física cun deseño adaptado á nova imaxe e outra dixital que se poderá levar directamente no teléfono móbil.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?