Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cidade da Cultura estrea un Hamlet de Cunqueiro interactivo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cidade da Cultura estrea un Hamlet de Cunqueiro interactivo

Redacción
Publicado: 02/02/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

hamlet2.jpgA Cidade da Cultura estrea hoxe Hamlet, o de Cunqueiro, unha visión renovada da peza teatral que busca a complicidade e interacción co público para axudar a resolver os enigmas que atormentan ao Príncipe de Dinamarca. O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asistiu esta tarde á primeira representación da obra, impulsada pola Xunta de Galicia a través das Residencias Artísticas do Gaiás e en colaboración co Centro Dramático Galego.
O proxecto forma parte do ciclo Clásicas desfeitas, aposta do Goberno galego por apoiar a creación escénica actualizando obras da literatura galega e universal. Neste caso, a obra que se representa este venres e sábado na Cidade da Cultura parte de O incerto señor don Hamlet, de Álvaro Cunqueiro, que se transforma incorporando mecánicas como a exploración e a interacción con obxectos propias do deseño de videoxogos.
hamlet3.jpg Trátase dunha produción internacional na que colaboran o grupo de innovación docente ComTecArt, da Universidade de Vigo, a compañía galega Marinita y sus Maromas e a brasileira Boccaccione. A dramaturxia bebe tanto de Cunqueiro coma de Shakespeare, e engade elementos do relato A cartomante, do afamado autor brasileiro Machado de Assis.
A peza caracterízase tamén polo seu carácter itinerante, tirando proveito de diferentes espazos do Gaiás como escenario (o edificio CINC, a galería de servizos do Gaiás e as Torres Hejduk) e por propor a participación da audiencia no desenvolvemento da trama. A función do sábado ás 18:00 está adaptada para persoas con mobilidade reducida.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?