Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo opta a 750.000€ do Goberno para dar formación dixital nos concellos rurais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo opta a 750.000€ do Goberno para dar formación dixital nos concellos rurais

S. P.
Publicado: 02/02/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

deputacion_de_lugo_020224_pilar_garcia_porto_na_rolda_de_prensa_da_xunta_de_goberno.jpgA xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou solicitar os fondos ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico co fin de desenvolver un programa de capacitación tecnolóxica destinado sobre todo aos maiores, mulleres, nenez, mocidade e persoas en situación de desemprego. O importe será de 750.000€. Porase o foco nos concellos de menos de 5.000 habitantes.
Así o explicou a voceira socialista do Executivo provincial, Pilar García Porto, quen concretou que, con esta nova iniciativa, a Deputación “pretende reforzar o apoio que xa estamos prestando aos concellos para a transformación dixital grazas aos fondos que conseguimos da Unión Europea, coa dotación de servizos e equipamentos tecnolóxicos que contribuirán a mellorar o servizos públicos que ofrecen ós seus veciños e veciñas”.
Detallou, así mesmo, que o programa que solicita agora a Deputación ao Goberno central está dirixido á formación e capacitación tecnolóxica, fundamentalmente de colectivos sociais para os que se require unha perspectiva demográfica específica, como os maiores, as mulleres, a infancia, a mocidade e as persoas en situación de desemprego.
Entre as cuestións que se van abordar en caso de obter este novo investimento, sinalou García Porto, están a elaboración dun currículo en liña, o manexo de ferramentas de emprego como LinkedIn ou Infojobs, tamén o uso práctico da Intelixencia Artificial, a edición de fotografías, a mercadotecnia dixital, o uso da banca online ou facer reservas por Internet, entre moitos outros temas vencellados coas novas tecnoloxías que son útiles para o día a día.
“Queremos seguir achegando as novas tecnoloxías ao noso rural, contribuíndo a eliminar a fenda dixital, e mellorar así a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas, que é un factor fundamental para loitar contra o reto demográfico e fixar poboación na nosa provincia”, asegurou a deputada.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?