Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Marín en Rede xa conta con 246 fichas de negocio multimedia activas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Marín en Rede xa conta con 246 fichas de negocio multimedia activas

S. P.
Publicado: 02/02/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

acuna_concello_marin-en-rede-2023.jpgO Concello de Marín fixo balance esta semana da actividade xerada pola iniciativa Marín en Rede, un proxecto posto en marcha en plena pandemia para axudar á visibilización da economía local, para servir de rede e sustento das campañas municipais e para poder axudar á dixitalización dos negocios da vila. Segundo fixo saber a concelleira de Turismo e Comercio, Cristina Acuña, Marín en Rede consolidouse neste tempo como “escaparate virtual do comercio do municipio”, presentándose como unha ferramenta axeitada para que o tecido produtivo local afronte os seus principais retos de transformación.
No informe facilitado polas métricas da web e das redes sociais de Marín en Rede, neste momento hai 264 fichas de negocio multimedia activas, nas que se poden consultar todos os datos do comercio ou local e ver un vídeo promocional dos mesmos. “Este aumento destaca a solidez e a atracción de Marín en Rede para as empresas locais, cunha ampliación constante do seu directorio, que mellora as experiencias dos usuarios e contribúe ao desenvolvemento económico local”, expresou a concelleira, quen destacou o importante papel da iniciativa nas redes sociais: “Neste momento o perfil de Marín en Rede en Facebook conta con 2.028 seguidores e con 1.428 no caso de Instagram”. A gran maioría deles proceden de Marín e de Pontevedra, aínda que tamén seguen as publicacións e promocións comerciais persoas de Vigo, Bueu, Cangas, Moaña, Poio e Sanxenxo.
Nas 108 publicacións que se realizaron, 41 delas son reels ou vídeos cortos de promoción dos negocios “que sabemos que funcionan estupendamente, porque nos axudan a poñerlles cara ás persoas que rexentan os negocios e nos permiten achegarnos a todo o que ofrecen de forma atractiva”.
Acuña asegurou que Marín en Rede seguirá traballando para que no 2024 os números sexan tan positivos coma no 2023 e adianta que de cara á primavera “traballaremos nalgunha campaña e acción de rúa que siga visibilizando e apoiando ao noso comercio e hostalaría”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?