Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: PuntoGal, PuntuEus, PuntCat e PuntBarcelona comparten os seus plans cos rexistradores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

PuntoGal, PuntuEus, PuntCat e PuntBarcelona comparten os seus plans cos rexistradores

S. P.
Publicado: 02/02/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

puntogal_reunion_aap_0561-mejorado-nr.jpgRepresentantes dos dominios lingüísticos e culturais .gal, .cat, .eus e .barcelona mantiveron na Coruña unha reunión este primeiro de febreiro para poñer en común os seus plans de futuro, accións comerciais para este ano e previsións de evolución do mercado e da Rede. Lembrar que os catro dominios participantes son á súa vez membros do grupo dos GeoTLDs, que congregan aos dominios de raíz xeográfica, lingüística e cultural, e entre os que se atopan .scot (Escocia), .london (Londres) ou .bzh (Bretaña), entre outros, e no que levan a cabo accións comúns de comunicación co público ou cos órganos de gobernanza da Rede, como ICANN.
Por parte dos rexistradores, as empresas autorizadas para a venda de dominios ao público, estiveron presentes os máis relevantes do mercado, ata un total de vinte asistentes.
A xornada abriuse cunha presentación por parte do director da Cidade das TIC, Alfonso Martínez, que falou da importancia das novas infraestruturas e a deslocalización das mesmas para a posta en valor das industrias tecnolóxico-dixitais, así como da importancia das descentralización das axencias reguladoras, tomando como exemplo a inminente apertura da AESIA na Coruña.
puntogal_reunion_aap_0517-mejorado-nr.jpg Na segunda parte da sesión cada un dos dominios expuxo a situación actual na que se atopa así como os plans para o resto deste ano 2024.
Tratáronse cuestións como a irrupción da Intelixencia Artificial, os cambios na lexislación europea, a protección dos datos de usuarios, a ciberseguridade, o traballo dos dominios para conseguir unha Rede máis segura ou as perspectivas de cooperación tendo en conta os cambios xeopolíticos máis recentes.
A curto prazo, abordouse a posibilidade de poñer en marcha algunha acción conxunta, comercial ou de marca durante o ano 2024.
A reunión rematou tras unha cea de traballo coa intención de retomar as tarefas comúns en próximas ocasións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?