Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Catro mulleres investigadoras da UVigo compartiron as súas experiencias co gallo do 11F
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Catro mulleres investigadoras da UVigo compartiron as súas experiencias co gallo do 11F

S. P.
Publicado: 05/02/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

uvigo_charla_11f_interxeracional1.jpgUnha charla interxeracional entre catro mulleres investigadoras inaugurou o venres 2 de xaneiro a celebración do 11F, o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, por parte da Universidade de Vigo. Foi o venres 2 de xaneiro no Edificio Redeiras e nela compartiron protagonismo Nair Varela, como investigadora predoutoral; Sara Albán, como investigadora posdoutoral; Emma Torres, investigadora consolidada, e Inés Celia Iglesias, como investigadora catedrática.
Durante a conversa, organizada pola Unidade de Cultura Científica e coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y Tecnología (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, cada unha delas relatou como se desenvolveu a súa traxectoria profesional e académica e como, malia pertenceren a distintas xeracións, seguen detectando desigualdades de xénero, especialmente en determinadas carreiras e canto máis se sube na escala profesional.
Moderada pola vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación, Belén Rubio, a mesa redonda arrancou coa intervención das investigadoras máis novas. Nair Varela Rouco, investigadora no grupo de Filoxenómica do CINBIO, chegou ao Grao en Bioloxía sen referentes femininos, pouco comúns no seu ámbito. Ela non se atopou con “demasiados atrancos”, pero recoñeceu que “os cargos de responsabilidade e xestión no seu eido están desempeñados por homes”.
No caso de Sara Albán Barcia, recente doutora en Filoloxía Inglesa, recoñeceu que a súa carreira está “profundamente feminizada” e que “a maioría de estudantes e docentes son mulleres”. Ela contou con referentes femininos, pero na súa experiencia como docente “fóra da súa burbulla” si que tivo problemas para que a respectasen por ser muller e moi nova. “Segue habendo un estereotipo social, hai carreiras que son máis de mulleres e hai unha falta clara de referentes”, afirmou.
Emma Torres Romay e Inés Celia Iglesias Canle achegaron unha perspectiva profesional máis ampla. A decana da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación afirmou que cando comezou a estudar a titulación de Publicidade e Relacións Públicas a maioría do alumnado eran mulleres, pero o profesorado era masculino. “Nós non tiñamos referentes no mundo da investigación, porque en España non había referentes, non había investigadoras en comunicación. Había poucas e estaban lonxe de nós”, afirmou Torres. Tamén se referiu á “falta de presencia das mulleres en postos de responsabilidade e á necesidade de levar a cabo medidas de corrección”. A docente destacou que “en moitos casos son as propias mulleres as que se poñen límites, xa que son moito máis esixentes con elas mesmas”. Segundo dixo, “unha acción positiva que se podería levar a cabo é titorizar e apoiar a futuras investigadoras, mentorizalas para que non se sintan soas”.
Na falta de referente femininos tamén fixo fincapé Inés Celia Iglesias e en como ela empregou esa desigualdade “como fortaleza”, aínda que tivo que traballar o dobre para conseguir o mesmo que os seus compañeiros. Durante as súas experiencias na xestión, como decana da Facultade de Dereito, primeiro, e actualmente como directora do IXEX, Instituto Universitario de Investigación Xustiza e Xénero, sentiuse sempre integrada pero, segundo insistiu, “sempre tipo que demostrar a súa capacidade, cousa que non pasa cos compañeiros homes”. Desde o seu punto de vista é preciso poñer na mesa solucións efectivas para o cambio social e ser exemplo para que as xeracións futuras poidan ver que é posible.
Pola súa banda, a directora da Unidade de Igualdade, Águeda Gómez, reflexionou sobre as desigualdades que segue habendo na universidade e como as mulleres se seguen atopando con numerosos obstáculos e teñen que facer un esforzo maior ca os homes para conseguir o mesmo, un auténtico “labirinto de cristal”. Nesta liña, apuntou como a institución traballa con diferentes accións positivas e medidas pioneiras para mellorar a situación, se ben o avance é máis lento do esperado. “Hai un déficit de coidados masculinos, pero o futuro a medio prazo é prometedor, a cultura académica está a mudar”, afirmou Gómez.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?