Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: CLUSAGA e o Clúster de Enerxía do País Vasco crean Agrovoltech, un proxecto agrovoltaico intelixente
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

CLUSAGA e o Clúster de Enerxía do País Vasco crean Agrovoltech, un proxecto agrovoltaico intelixente

S. P.
Publicado: 05/02/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

agro_alimentacion_ordenador_dixitalizacion_campo_computador_moza.jpgA procura de novas enerxías e a demanda de alimentos fai que a cantidade de solo dispoñible apto para a súa produción mingüe sen esquecer a necesidade de facer un uso responsable do mesmo. Así xorde a agrovoltaica, que permite combinar a xeración de enerxía fotovoltaica e a produción agrícola mediante a instalación de paneis solares sobre terreos de cultivo, optimizando así o uso do solo cultivable. Os paneis fotovoltaicos instálanse a unha altura determinada sobre o cultivo para non comprometer a actividade agraria e esta, á súa vez, benefíciase da protección que a instalación achega fronte ao exceso de calor e irradiación solar.
Neste contexto nace Agrovoltech, un proxecto que pretende desenvolver un sistema innovador baseado nunha rede de sensórica e algoritmos de modelado e control para instalacións agrovoltaicas de múltiples tipoloxías, tanto no referente a localizacións como a tipos de cultivo, coa capacidade de realizar sombreados intelixentes e proporcionar así as condicións óptimas para o crecemento dos cultivos. Deste xeito, xeraranse tecnoloxías e solucións 4.0 que permitirán modificar a posición dos paneis en función de múltiples parámetros, permitindo harmonizar produción agrícola e a xeración de enerxía renovable.
Dicir que esta iniciativa, dinamizada polo Clúster de Enerxía do País Vasco co apoio do Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA) e implementada polas pemes Powerfultree, Libelium e PISA, Proyectos de Innovación, está financiada pola convocatoria 2023 de apoio a Agrupacións Empresariais Innovadoras (AEI) do Ministerio de Industria, Comercio y Turismo (MINCOTUR). Asemade, conta co apoio da Unión Europea a través dos Fondos NextGenerationEU e o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Alén de Agrovoltech, CLUSAGA involúcrase na execución doutro proxecto pertencente á mesma convocatoria en calidade de membro do consorcio. Trátase de Powerlog que, liderado por DIHGIGAL, enfócase á optimización da loxística na industria marítima a través dunha plataforma baseada en IA e computación cuántica.
Asemade, CLUSAGA está a coordinar a execución de catro proxectos beneficiarios da convocatoria de apoio a AEIs do MINCOTUR. VitIA 5.0 pretende mellorar a produtividade e sustentabilidade do sector vitivinícola mediante a aplicación de IA, IoT e biotecnoloxía; IA40WASTE pretende promover a eficiencia dos procesos produtivos da industria alimentaria minorando as mermas de produción na etapa industrial; DIG4.0VO, cuxo obxectivo é o sector avícola de posta, oriéntase a lograr unha cadea de valor eficiente, de calidade, comprometida co desenvolvemento sostible e con garantías de benestar animal; e MEATwin permitirá mellorar a planificación e produción do sector cárnico mediante a recollida de datos, sensorización e visualización de indicadores

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?