Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GAIN celebra este martes o Día da Muller na Ciencia cun espectáculo de divulgación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GAIN celebra este martes o Día da Muller na Ciencia cun espectáculo de divulgación

S. P.
Publicado: 05/02/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

dia_muller_nena_ciencia_gain_ferrol_cis.jpgA Axencia Galega de Innovación (GAIN) súmase á celebración do Día da Muller e a Nena na Ciencia, organizando un espectáculo científico centrado na importancia das mulleres científicas e tecnólogas ao longo da historia. A actividade, abeirada ao Programa D’Tec, celebrarase este martes 6 de febreiro en horario de 11 a 12.30 horas, no Centro de Innovación e Servizos da Tecnoloxía e o Deseño (CIS), en Ferrol.
A charla, conducida polos divulgadores Iria Ollero e David Ballesteros, permitirá aproximarnos dun xeito atractivo a grandes mulleres que fixeron importantes achegas científicas e nunca recibiron o recoñecemento social que merecían.
Durante o show combinaranse datos biográficos e anécdotas vitais con experimentos rechamantes inspirados nas científicas presentadas, facendo que a proposta sexa apta para todo tipo de públicos, independentemente dos seus coñecementos previos.
Contidos
-Un pouco de historia. Presentación da charla e introdución histórica sobre a importancia das mulleres na Ciencia e o seu escaso recoñecemento.
-Rompamos o teito de cristal. É importante non ter límites “mentais”. Todas as persoas poden aspirar a grandes fitos, e non vivir con medo a teitos de cristal.
–Grandes mulleres da Ciencia: Hipatia de Alejandría (a primeira gran matemática da que temos noticias; presentarase a súa obra e convidarase ao público a facer un experimento matemático), Marie Anne Pierrette Paulze (coñecida por ser “a muller” de Lavoisier, en realidade foi a súa compañeira de laboratorio e unha personaxe clave no nacemento da química; renderáselle homenaxe cun experimento sobre a conservación da masa), Lisa Meitner (a única muller que dá nome a un elemento da táboa periódica, fixo achegas clave para a compresión da materia a nivel atómico), Marie Curie (unha persoa fundamental na historia da ciencia, é un exemplo de esforzo e talento), Hertha Marks Ayrton (a científica interdisciplinar por excelencia, foi enxeñeira, matemática, física e inventora; fixo descubrimentos fundamentais no ámbito da electricidade; para ilustrar o seu traballo crearanse efectos sorprendentes coa axuda dunha bobina tesla), África González (sobranceira científica galega, unha das inmunólogas máis destacadas da actualidade a nivel mundial; desde Vigo, dirixe investigacións en vacinas e nanotecnoloxía punteiras), Rosalind Franklin (morreu sen que se recoñecera a importancia das súas achegas na compresión da estrutura do ADN; é un exemplo perfecto da inxustiza histórica coas mulleres científicas; para renderlle homenaxe farase un experimento con todo o público ligado á xenética e o ADN), Susan Salomon (científica en activo, foi fundamental na compresión da orixe do burato na capa de ozono da atmosfera terrestre, ilustraranse os seus traballos experimentando co aire e xerando efectos sorprendentes) e May-britt Moser (neuróloga e Premio Nobel de medicina polas súas achegas a compresión do funcionamento do cerebro humano).
–Reflexión final. A charla finalizará cunha reflexión sobre “a importancia do coñecemento e destacar a labor das científicas, así como recordar as nenas asistentes que poden aspirar a todo”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?