Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Ourense e o SERGAS inician a tramitación dixital de ChegOU dende os hospitais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Ourense e o SERGAS inician a tramitación dixital de ChegOU dende os hospitais

S. P.
Publicado: 06/02/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

240201_web_chegou_chuo.jpgA Deputación de Ourense, en colaboración co SERGAS, puxo en marcha este mes de febreiro un novo servizo deseñado para que calquera persoa, “pero especialmente aquelas que sofren a fenda dixital”, poidan, desde o Hospital, presentar solicitudes ante a Administración Electrónica provincial sen necesidade de certificado dixital, asinando as solicitudes coa súa propia voz a través de dispositivos. Estes trebellos facilítanse no propio centro sanitario e co apoio e a coordinación de persoal técnico do hospital e da Deputación de Ourense.
Estas medidas, sinalaron fontes da entidade provincial, permitirán, por exemplo, “que as nais que dean a luz nos centros da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras poidan solicitar de xeito dixital o Programa ChegOU desde a propia habitación do hospital sen necesidade de certificado dixital, asinando a solicitude coa súa propia voz”.
A Deputación engadiu que con esta iniciativa “aplícase un novo enfoque no ámbito público a través do cal a persoa non ten que ir á administración, é a administración a que vai onde está a persoa”.
Así, mobilizouse un sistema de tabletas habilitadas pola Deputación de Ourense nos tres hospitais da provincia de Ourense, unido a persoal de apoio nos tres centros hospitalarios, para facer posible “que todas as nais que así o consideren poidan valerse dos dispositivos electrónicos e así presentar dixitalmente desde a súa habitación a solicitude administrativa”.
Nos horarios previamente coordinados polos traballadores sociais sanitarios do Hospital e a área de Benestar da Deputación, a solicitante deberá premer nunha ligazón que terá á súa disposición na tableta para así ser atendida a través da mesma por un empregado público provincial que cubrirá a solicitude online en tempo real. Unha vez terminada poderá visualizala no dispositivo electrónico e asinala coa voz, que quedará anexa á solicitude e deste xeito presentarase ante o rexistro electrónico a través dun funcionario habilitado. No mesmo día, a través de correo electrónico e por Whatssapp, a persoa interesada recibirá no seu teléfono móbil a solicitude xa presentada e selada no rexistro electrónico provincial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?