Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta pon á spin-off Sense Aeronautics como exemplo do potencial da transferencia de coñecemento
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta pon á spin-off Sense Aeronautics como exemplo do potencial da transferencia de coñecemento

Redacción
Publicado: 07/02/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20240207_gain.jpgA directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, resaltou hoxe o potencial do Programa Ignicia para promover a transferencia de coñecemento en Galicia durante a presentación da spin-off Sense Aeronautics do centro tecnolóxico Gradiant, que contou co apoio do programa na convocatoria de 2021, e que está centrada na análise de vídeo con intelixencia artificial para lograr que as operacións con drons sexan máis eficientes e seguras.
Ademais, tamén se informou dos nove proxectos seleccionados na Convocatoria Ignicia Proba de Concepto 2023, promovidos polas universidades da Coruña, Santiago e Vigo, a Fundación Profesor Novoa Santos, a Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Gradiant e o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG).
“A creación dunha spin-off ou a firma de acordos de licenza son as metas que persegue a transferencia, é dicir, que os resultados da investigación cheguen ao tecido produtivo, de maneira que se valorice o investimento en ciencia, xerando impacto na sociedade. Pero para alcanzar este punto temos que percorrer todo un traxecto que pasa por financiar e apoiar os procesos de valorización, formar e profesionalizar ao persoal xestor de transferencia e ao persoal investigador, fortalecer as unidades de transferencia, visibilizar as capacidades do Sistema Galego de Innovación e monitorizar o propio sistema de transferencia para coñecer como evoluciona. Todos estes aspectos son abordados polo Programa Ignicia, que desenvolvemos coa colaboración da Fundación Barrié e que se caracteriza por apoiar a transferencia desde unha perspectiva global”, explicou Patricia Argerey.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?