Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Alumnado das tres universidades galegas fórmase na localización de fake news electorais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Alumnado das tres universidades galegas fórmase na localización de fake news electorais

S. P.
Publicado: 07/02/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

O profesor Xosé Rúas é un dos responsables do proxecto FAKELocal
O profesor Xosé Rúas é un dos responsables do proxecto FAKELocal
Un proxecto da Universidade de Vigo, coordinado polos investigadores do grupo CP2 da Facultade de Comunicación Xosé Rúas e Ana Belén Fernández Souto, está a servir para iniciar ao alumnado das tres universidades galegas na verificación de datos relacionados coas eleccións autonómicas que se celebran este mes de febreiro. Trátase do proxecto Mapa de la Desinformación en las Comunidades Autónomas y Entidades Locales de España y su Ecosistema Digital (FAKELocal), que pon o foco nos efectos da desinformación nun ámbito pouco analizado, como é a política autonómica e local.
No marco desta iniciativa e en colaboración con Newtral, un grupo de alumnas e alumnas das tres universidades, incluídos 15 estudantes da Facultade da Comunicación da UVigo, fórmanse nestas semanas no manexo de técnicas e ferramentas de verificación de datos, pondo os seus coñecementos en práctica nun seguimento dos debates das autonómicas galegas. Tamén no marco deste proxecto financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación, nestes días ve a luz un libro que afonda no impacto da desinformación na esfera local, realizado coa colaboración da Asociación Española de Investigación en Comunicación (AE-IC) e que reúne as achegas de 15 especialistas de diferentes universidades.
Inserido tanto nas actividades deste proxecto como nos labores de formación e alfabetización mediática de Newtral Educación, alumnado das tres universidades galegas participa nestes días nun Verificatón, dirixido a que o estudantado coñeza como se desenvolve un proceso de fact-checking coincidindo cos debates televisivos previos ás eleccións autonómicas. No caso da Facultade de Comunicación, 15 estudantes da materia do Grao en Publicidade e Relacións Públicas Técnicas de Comunicación Electoral, que imparten Rúas e Iván Puentes, sumáronse a unha iniciativa que abrangueu en primeiro termo unha xornada de formación sobre como comprobar, con datos e fontes, a veracidade das afirmacións realizadas no marco dun debate.
O obxectivo desta iniciativa, como sinala Rúas, é que puideran “adquirir destrezas e hablidades no fact-checking”, para logo poñelas en práctica nun seguimento en directo, xunto aos docentes da materia e representantes de Newtral, tanto do debate celebrado na noite deste luns como do que está previsto para o vindeiro mércores 14.
Nas actividades de FAKELocal insírese tamén a publicación do libro El impacto de la desinformación en el ámbito local, promovido xunto coa AE-IC e que dá continuidade ás xornadas sobre esta temática celebradas o pasado mes de xuño na facultade pontevedresa. Coordinado por Rúas, Laura Alonso, da Universitat Jaume I, e Francisco Javier Paniauga, da Universidad de Málaga, o obxectivo deste libro “é ver como afectou o fenómeno global da desinformación no ámbito rexional e local, describindo algunhas das iniciativas e os recursos para combatela”. Editado por Fragua, este volume reúne as achegas de 15 expertos e expertas das universidades de Vigo, Santiago de Compostela, Sevilla, Navarra e Jaume I de Castelló, así como da Central European University de Viena e da Ponificia Universidad Católica de Valparaíso.
Como explican os seus editores, o volume estrutúrase en “tres grandes bloques temáticos”, dos que o primeiro pon o foco “na importancia dos medios de comunicación públicos para facer fronte á desinformación”. Un segundo apartado detense na incidencia desta problemática en España, con estudos que analizan os seus efectos nas eleccións xerais celebradas o pasado mes de xullo, a presenza de informacións falsas nos debates das autómicas andaluzas de 2022 e na análise dos “pseudemedios”, que difunden contidos falsos. Finalmente, o último bloque aborda tanto “as oportunidades e desafíos que teñen os medios locais para afrontar a verificación de desinformación”, como a actividade de diferentes plataformas de verificación, recollendo algúns dos resultados do proxecto de estudo dos fact-checkers iberoamericanos desenvolvido polo grupo de investigación Sepcom, tamén da Facultade de Comunicación da UVigo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?