Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Escolares de todas as idades participarán na VII Xornada Exxperimenta en feminino
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Escolares de todas as idades participarán na VII Xornada Exxperimenta en feminino

S. P.
Publicado: 07/02/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

exxperimenta_en_feminino.jpgEsta mañá tivo lugar a presentación da VII Xornada Exxperimenta en feminino, un acto no que estiveron presentes a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, xunto a profesoras, investigadoras e alumnas do Campus de Ourense da Universidade de Vigo que apostarán pola divulgación da ciencia, da tecnoloxía, da enxeñaría e das matemáticas con motivo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, que se celebrará o 11 de febreiro.
O acto desta VII Xornada Exxperimenta en feminino, que se celebrará o 16 de febreiro, está aberto a escolares de Primaria, Secundaria e Bacharelato, feito que a conselleira sinalou como unha oportunidade perfecta para que as novas xeracións se impliquen no incremento da presenza da muller nos eidos da ciencia e da tecnoloxía.
Así, as e os escolares van ter a posibilidade de realizar experimentos científicos e tecnolóxicos e de
coñecer as titulacións impartidas na Facultade de Ciencias, na Escola Superior de Enxeñaría Informática, na Escola de Enxeñaría Aeronáutica e na Escola Universitaria de Enfermaría do Campus ourensán. Rivo apostou por seguir asentando a tendencia da muller como referente na ciencia e na tecnoloxía, promovendo a eliminación dos desequilibrios e situando a perspectiva de xénero nun primeiro plano nos estudos e actividades científicas.
Pola súa banda, a titular de Promoción do Emprego e Igualdade lembrou que hai dous meses
entregaba o premio María Josefa Wonenburger a Concepción Paz Penín, enxeñeira industrial, catedrática e doutora pola Universidade de Vigo e directora do Centro de Tecnoloxía, Enerxía e Procesos Industriais (Cintecx) desta mesma universidade. Alén deste premio, cómpre salientar que a Unidade Muller e Ciencia se creou precisamente para contar cunha área de traballo interdepartamental que transforme a ciencia e a tecnoloxía galegas, con accións desde a perspectiva de xénero. Nesa liña se sitúa tamén o III Programa de Muller e Ciencia, cuxo obxectivo é acadar un sistema galego de ciencia, tecnoloxía e innovación que incorpore de xeito efectivo o principio de igualdade de oportunidades, diminuíndo a fenda de xénero e situando ás investigadoras á fronte dos equipos. Asemade, hai que mencionar o VIII Plan estratéxico de igualdade entre mulleres e homes, presente en toda a actividade que desenvolve a Administración autonómica, de cara a unha igualdade real e efectiva; ou a nova Lei de igualdade que actualiza o marco normativo galego, situándonos á vangarda nese equilibrio entre mulleres e homes.
20240207_exxperimenta_en_feminino_1.jpg Ao longo deste ano 2024, tamén se introducirá un novo plan para aumentar a presenza feminina en sectores onde tradicionalmente predominan os homes, con axudas á formación e á contratación. Nese camiño tamén se avanza coa campaña Ti elixes, dirixida a escolares para conciencialos de que as mulleres deben elixir a súa profesión libres de prexuízos ou de estereotipos.
Alén disto e pensando en reducir a fenda de xénero nos postos directivos, estase a desenvolver (deica o 11 de abril) o programa formativo Lideramos, polo que 150 mulleres das catro provincias galegas participan en obradoiros ou sesións de traballo en equipo para reforzar as redes colaborativas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?