Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Empresariais e Telecomunicación (UVigo) reciben un recoñecemento ao seu traballo en empregabilidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Empresariais e Telecomunicación (UVigo) reciben un recoñecemento ao seu traballo en empregabilidade

S. P.
Publicado: 09/02/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_premio_empregabilidade1.jpgA Universidade de Vigo entregou este xoves 8 de febreiro o Distintivo de Empregabilidade á Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (primeira edición) á Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, no Campus de Vigo, e á Facultade de Dereito, no Campus de Ourense. Foi, en palabras da UVigo, un xeito de recoñecer o labor sobresaínte destes centros en materia de empregabilidade e de fomento ás oportunidades de emprendemento.
O acto de entrega aos centros vigueses celebrouse este xoves pola tarde no espazo INCUVI, na praza Miralles, presidido polo reitor, Manuel Reigosa, quen se encargou de darlles os parabéns pola distinción acadada, un galardón co que a UVigo quere “recoñecer a ampla traxectoria que teñen algunhas escolas e facultades na organización de actividades vinculadas á orientación profesional do seu alumnado e na intermediación universitaria no emprego, así como a súa dilatada experiencia na organización de feiras de emprego”.
Os parabéns chegaron tamén da man da vicerreitora de Empregabilidade e Estudantado, Natalia Caparrini, quen explicou que con” este distintivo a institución académica quere recoñecer publicamente as facultades e escolas que destaquen na promoción activa e permanente da mellora da empregabilidade do seu alumnado”.
No acto tamén participou como convidada a conselleira de Promoción de Emprego e Igualdade, Elena Rivo, que felicitou aos ditos centros e incidiu na importancia de impulsar a presenza feminina en sectores tradicionalmente masculinizados como os tecnolóxicos. Na súa intervención, loou o compromiso coa empregabilidade dos centros distinguidos, non só coas prácticas a disposición do alumnado senón tamén con cursos e obradoiros que completan a formación e melloran as oportunidades laborais. Así mesmo, referiuse aos foros ou programas específicos que promoven para poñer en contacto o alumnado cos seus eventuais empregadores.
20240208_distintivo_empregabilidade_vigo_2.jpg A cerimonia contou ademais coa asistencia de numerosos representantes de entidades públicas e privadas coas que colaboran ambos centros, así como docentes e estudantes.
A primeira en recoller o galardón foi a decana da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, María Dolores Garza, quen destacou a “enorme satisfacción” que supón este recoñecemento ás actividades desenvolvidas ao longo dos anos desde a facultade para facilitar a inserción do seu alumnado no mercado laboral.
No caso da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, a directora, Rebeca P. Díaz, destacou que este distintivo supón o recoñecemento do traballo que se leva facendo na EET desde hai anos “apostando por estreitar os vínculos coas empresas” para os procesos de calidade do centro, para a formación en competencias transversais (“a través dos programas orientaTE e integraTE”), para conseguir unha oferta variada e de calidade de prácticas externas, para promover a realización de traballos fin de titulación en empresas e para outras actividades de apoio a través da rede de traballo conexiónTeleco.
Na súa intervención aproveitou, ademais, para agradecer o apoio do tecido empresarial coas actividades promovidas pola súa escola, o bo ánimo do alumnado e a súa iniciativa por completar a súa formación a través de asociacións estudantís que xurdiron na escola, “como UVIGO Space Lab, CES UVigo ou o Foro Tecnolóxico de Emprego” e tamén do PDI, “sempre activo en innovación e transferencia co tecido empresarial, o que nos axuda moito nas sinerxías coas empresas”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?