Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pedro Sánchez anuncia na Coruña a creación dunha Oficina Nacional de Asesoramento Científico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pedro Sánchez anuncia na Coruña a creación dunha Oficina Nacional de Asesoramento Científico

Redacción
Publicado: 09/02/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20240209_sanchez_nz1_1676.jpgO presidente do Goberno, Pedro Sánchez, participou na Coruña, no acto Día da Muller e a Nena na Ciencia: espertando vocacións STEAM, ao que acudiron preto dun cento de alumnos de ESO e Bacharelato dos IES Rafael Dieste e Salvador de Madariaga. No coloquio interviñeron a ministra de Ciencia, Innovación e Universidades, Diana Morant; a ministra de Educación, FP e Deporte, Pilar Alegría; e a investigadora, Sara García, primeira astronauta española da ESA. A alcaldesa lembrou que A Coruña é sede da primeira Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial e estableceu como reto inmediato construír un espazo dixital en igualdade: “A fenda dixital é ínfima, a de xénero non. E a intelixencia artificial precisa dunha perspectiva en igualdade que só se garante se estamos representadas ao 50%”.
No encontro anunciouse a creación dunha Oficina Nacional de Asesoramento Científico, que fomentará e coordinará o uso da evidencia empírica e o coñecemento científico para mellorar a toma de decisións e o deseño de políticas públicas.
Con esta Oficina Nacional de Asesoramento Científico, España súmase a países como Reino Unido, Estados Unidos, Canadá, Xapón e Nova Zelandia, que nos últimos anos se dotaron de unidades e mecanismos de asesoramento científico. Sánchez destacou que “dende a política tamén necesitamos o asesoramento da Ciencia para arroxar algo máis de luz”.
“Hablar do futuro é falar de Ciencia”, reafirmou. “Especialmente hoxe e aquí, na Coruña, na cidade sede da que vai ser a primeira Axencia de Supervisión da Intelixencia Artificial, porque será aquí, en Galicia, na Coruña, onde se traballe de preto cunha tecnoloxía fascinante”, recordou.

Tempo de pioneiras, compromiso co avance científico

20240209_sanchez_bpb_2940.jpg“Este é tempo de pioneiras”, defendeu o presidente, que engadiu que, fronte á desigualdade de xénero “é importante que ocupedes eses espazos, porque non hai profesión á que non poidades dedicarvos”. “É xustiza social, pero tamén intelixencia que haxa igualdade”, dixo. Sánchez puxo o exemplo de Sara García Alonso, a primeira muller astronauta española, presente no acto, como referente “para que centos de miles de rapaces, de rapaces e de rapazas, poidan dicirse a si mesmos que eles e elas tamén poden facelo”, porque “nesa posibilidade, nese pequeno cambio na mirada, ábrense moitas vocacións”.
O presidente destacou o compromiso do Goberno co avance científico. “Comprometémonos coa Educación, coa Formación Profesional, coas Universidades, coa Innovación e coa Ciencia”, recordou. A este respecto, repasou actuacións do Executivo como a aprobación dunha dotación adicional de 1.000 millóns de euros destinados á Ciencia; o impulso de grandes reformas, como a Lei de Ciencia ou a de FP, con 2.000 millóns de euros.
España supera a media europea en número de mulleres científicas e innovadoras, un 14% máis de investigadoras que en 2020, pero “a xustiza e a igualdade conquístanse, non veñen dadas, hai que actuar”, sinalou o presidente. “Estamos a facer as cousas ben”, e “é un enorme éxito do conxunto da sociedade”, porque “o futuro é voso”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?